Mundial de Fútbol Italia 1934
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O segundo mundial celebrouse nunha Italia gobernada polo fascismo de Mussolini. Desta volta foro dezaseis os equipos aspirantes: Arxentina, Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Checoslovaquia, Exipto, España, Estados Unidos, Francia, Holanda, Hungría, Italia, Rumanía, Suecia e Suiza. O campión, Uruguai decidiu non acudir en resposta ás ausencias europeas no mundial anterior. Italia foi a vencedora ó gañar a final contra Checoslovaquia por 2 a 1. A victoria italiana deixou moitas suspicacias por un posible favoritismo dos colexiados a prol do equipo local.