Mundiais de Fútbol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os mundiais de fútbol son unha competición internacional de seleccións nacionais que organiza a FIFA. Celébranse cada catro anos nunha sede designada por esta organización. Cada equipo, para clasificarse, debe superar unha rolda previa onde os países compiten agrupados por confederación.
A Copa do Mundo, ou Campionato Mundial de Fútbol é un torneo de fútbol masculino, realizado cada catro anos pola FIFA. Comezou en 1930, coa victoria da selección do Uruguai. No primeiro mundial, non había torneo eliminatorio, e os países foron convidados para o torneo. Italia consagrouse bicampeona en 1934 e 1938. Nos anos de 1942 e 1946, a Copa non se celebrou debido á Segunda Guerra Mundial. En 1950, o mundial foi realizado no Brasil, que chegou como favorito á súa primeira final de Copa, mais a Celeste Olímpica uruguaia estragou a festa de 200 mil persoas presentes no Maracanã, entón o maior estadio do mundo, vencendo o xogo por 2x1, cando o empate tería sido suficiente ao Brasil para conquistar o título. O episodio ficou coñecido como Maracanazo.
O Brasil posúe a selección con mais títulos mundiais, o único país pentacampeón e o único que venceu o torneo fóra do seu continente. É tamén o único país que participou en tódalas Copas. Segue a selección tetracampeona da Italia, a tricampeona da Alemaña, as bicampeonas da Arxentina e do Uruguai e, por fin, as seleccións da Inglaterra e da Francia, cun único título.
A Copa do Mundo é o segundo maior evento deportivo do mundo, ficando por detrás dos Xogos Olímpicos de Verán. É realizada a cada catro anos, sendo a súa última vez e 2006, na Alemaña, sendo os finalistas Italia, e Francia.
As tres últimas Copas do Mundo tiveron 32 participantes, o que probablemente será mantido para as próximas Copas.
Índice |
[editar] Historia
[editar] As Primeiras Competicións Internacionais
O primeiro amigable internacional de Fútbol foi xogado en 1872, entre a Inglaterra e Escocia, nun momento en que o deporte era raramente practicado fóra da Gran Bretaña. No final do século XIX o Fútbol comezou a gañar máis adeptos, e por iso se tornou en deporte de demostración (sen disputa de medallas) nos Xogos Olímpicos de Verán de 1900, 1904 e 1906, ata se tornar nunha competición oficial nos Xogos Olímpicos de Verán de 1908. Organizada pola Football Association, era un evento para xogadores non profesionais, e na época non foi considerado unha competición, mais si un mero espectáculo. A Selección non profesional da Inglaterra foi a campiona nas dúas edicións, 1908 e 1912.
En 1914 a FIFA recoñeceu o torneo olímpico como unha "competición global de Fútbol non profesional", tomando para si a responsabilidade de organizalo. Con iso na edición de 1924 houbo a primeira disputa de Fútbol intercontinental. O Uruguai foi o campeón nas dúas edicións, 1924 e 1928. En 28 de Maio de 1928 a FIFA tomou a decisión de facer a competición por separado, non sendo máis un deporte dos de Verán. Para celebrar o centenario da independencia do Uruguai en 1930 foi decidido que a sede da competición sería no país sudamericano, no mesmo ano.
[editar] A primeira Copa do Mundo oficial
Só trece seleccións participaron na primeira Copa, sete da América Latina (Uruguai, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Paraguai e Perú), catro da Europa (Bélxica, Francia, Iugoslavia e Romeina) e dúas da América do Norte (México e EUA). Moitas seleccións europeas acabaron desistindo da competición debido á longa e cansada viaxe polo Océano Atlántico.
Os dous primeiros xogos da Copa ocorreran simultaneamente, sendo vencidas pola Francia e Estados Unidos, que venceron a México por 4x1 e a Bélxica por 3x0, respectivamente. O primeiro gol en Copas do Mundo foi marcado polo xogador francés Lucien Laurent. A final foi entre o Uruguai e a Arxentina, gañando os uruguaios o xogo por 4x2, no Estádio Centenário, en Montevideo, cun público estimado de 93.000 espectadores. O mellor goleador deste torneo foi o Arxentino Guillermo Stábile.
[editar] Desenvolvemento
![Globo en forma de bola de Fútbol en Nuremberg, Alemaña, como propaganda do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. O torneo creceu ao longo do tempo ata se tornar a maior competición deportiva do planeta.](../../../upload/shared/thumb/c/c6/Nuernberg_football_globe.jpg/250px-Nuernberg_football_globe.jpg)
Os problemas que atopaban as primeiras edicións do torneo eran as dificultades da época para unha viaxe intercontinental. Nas Copas de 1934 e 1938, xogadas na Europa, houbo unha pequena participación dos países sur-americanos. Só a seleção brasileira estivo presente nesas dúas edicións. As edicións de 1942 e 1946 foron canceladas debido á Segunda Guerra Mundial.
O Mundial de Fútbol Brasil 1950 foi o primeiro en ter participantes británicos. Estes retiráranse da FIFA en 1920, por rexeita-lo xogo con países cos que recentemente mantiveron unha guerra e por unha protesta da influencia estranxeira no Fútbol, xa que o deporte era unha "invención" británica e eses países consideraban que o mesmo foi deturpado polo modo de xogar estranxeiro. A pesar disto, eles retornarían a ser membros da FIFA en 1946. O torneo tamén contou coa volta da participación do Uruguai, que tiña boicoteado as dúas edición anteriores.
Nas Copas de 1934 ata 1978 había 16 seleccións clasificadas para a fase final (agás nos raros casos onde desistiron algunhas seleccións ). A maioría era da América Latina e Europa, cunha pequena minoría da África, Asia e Oceanía. Esas seleccións normalmente non pasaban da primeira fase, sendo facilmente derrotadas (coa excepción da Corea do Norte, que chegou ata os cuartos-de-final en 1966).
A fase final foi expandida para 24 seleccións en 1982, e 32 en 1998, permitindo que máis seleccións da África, Asia e América do Norte puidesen participar. Nos últimos anos eses novos participantes teñen acadado mellores posicións, como Camerún chegando ata os cuartos-de-final en 1990 e Corea do Sur, Senegal e Estados Unidos pasando aos cuartos-de-final en 2002, e a Corea do Sur acadou o 4º lugar.
[editar] Trofeo
De 1930 a 1970 a Copa Jules Rimet era dado aos campións de cada edición. Inicialmente coñecida como Copa do Mundo ou Coupe du Monde (en francés), foi renomeada en 1946 en homenaxe ao presidente da FIFA responsable da primeira edición do torneo, en 1930. En 1970, coa terceira victoria da selección brasileira a mesma gañou o dereito para ter a posesión permanente do trofeo. Con todo, este foi roubado da sede da CBF en decembro de 1983, e nunca foi atopado. Acredítase que os ladróns o teñan derretido.
Depois de 1970 un novo trofeo, chamado Copa do Mundo FIFA foi creado. A diferencia co Trofeo Jules Rimet este non irá para ningunha selección, independentemente do número de títulos. Arxentina, Alemanha, Brasil e Italia son os que máis veces acadaron o trofeo. Este so será cambiado ata que a placa no seu pé sexa totalmente enchida cos nomes dos campións de cada edición, o que non ocorrerá ata 2038.
[editar] Formato
[editar] Eliminatorias
Dende a segunda edición do torneo, e 1934, as eliminatorias teñen sido feitas para diminuí-lo tamaño da fase final. Estas son disputadas nas seis zonas continentais da FIFA (África, Asia, América do Norte e América Central e Caribe, Europa, Oceanía e América do Sur) organizadas polas súas respectivas confederacións. Antes de cada edición do torneo a FIFA decide cantas prazas terán dereito por cada confederación, tendo en conta factores como número de seleccións nacionais e forza de cada confederación. A presión por cada confederación por ter máis prazas tamén acostuma ser bastante común.
As eliminatorias poden comezar tres anos antes da fase final, e duran un pouco máis de dous anos. O formato de cada eliminatoria difire de acordo con cada confederación. Normalmente unha ou dúas prazas son reservadas para os gañadores de play-offs intercontinentais. Por exemplo, o campión da eliminatoria da Oceanía e o quinto colocado da América do Sur disputaran un play-off para decidir quen ficaría coa praza da fase final 2006.
Dende o mundial de 1938 ata o mundial 2002, o campión era automaticamente clasificado para a próxima Copa, sen precisar pasar polas eliminatorias das súas confederacións. Con todo, a partir da edición de 2002 o campión é obrigado a clasificarse normalmente como calquera outra selección. O Brasil, vencedor en 2002, foi o primeiro campión a ter que disputar unha eliminatoria para a Copa seguinte.
A selección do pais anfitrión queda exenta igualmente da disputa destas eliminatorias. No mundial de 2002, as seleccións de Corea do Sur e Xapón foron clasificadas directamente.
[editar] Fase Final
A fase final do torneo ten 32 seleccións competindo por un mes no país anfitrión. A fase final é dividida en dúas fases: a fase de grupos e a fase de eliminatorias.
Na primeira fase (grupos) as seleccións son colocadas en oito grupos de catro participantes. Oito seleccións son cabeza de serie de cada grupo (as seleccións consideradas máis fortes) e as outras son sorteadas. Desde 1998 o sorteo é feito evitando que máis dúas seleccións europeas e máis dunha selección da mesma confederación fiquen no mesmo grupo. Na fase de grupos cada selección xoga unha partida contra as seleccións de seu grupo, e as dúas que máis puntuaran se clasifican para a fase de eliminatoria. Desde 1994 a victoria nun partido vale tres puntos, o empate un e a derrota ningún. Antes, cada victoria valía dous puntos.
A fase seguinte é unha fase de eliminación rápida. Cada selección xoga unicamente un partido en cada división da fase (oitavos de final, cuartos de final, semi-final e final) e o vencedor pasa para a próxima eliminatoria. En caso de empate no tempo normal o xogo é levado para a prórroga e en caso de empate da mesma hai a disputa de penaltis. As dúas seleccións eliminadas da semi-final fan un partido antes da final para decidir o terceiro e cuarto lugar.
[editar] Selección das sedes
Nas primeiras edicións as sedes era foron escollidas en encontros nos congresos da FIFA. As designacións eran sempre polémicas debido a longa viaxe da América do Sur a Europa (e viceversa), as dúas grandes potencias futbolísticas da época (e aínda hoxe). A decisión da primeira Copa de ser no Uruguai, por exemplo, levou a participación de soamente catro seleccións europeas. As dúas Copas seguintes foron na Europa. A decisión de designa-la sede de Francia fora outra grande polémica, xa que os países americanos desexaban un sistema rotativo de sedes. Ou sexa, unha edición na Europa e a seguinte na América do Sur. Como o de 1934 fora na Italia, a sede da edición de 1938 tería que ser teoricamente na América do Sur, o que de feito non ocorreu. Iso fixo que tanto o Uruguai e a Arxentina boicoteasen o torneo. Despois da Segunda Guerra Mundial para evitar calquera tipo de boicot ou controversia a FIFA adoptou a rotación das sedes entre a América e a Europa, que foi usado ata o 1998. A edición de 2002, que tivo como sede tanto Xapón como Corea do Sur foi a primeira sede fora deses dous continentes. Xa a edición de 2010 será a primeira na África, en Sudáfrica.
En 2003 foi decidido que no 2014 será na América Latina. Ningún país a non se-lo Brasil manifestou interese pola candidatura. O país, de feito, foi sinalado por moitos veciños continentais como a única opción viable para a sede do torneo no continente.
O sistema de elección da sede evolucionou ao longo dos tempos, sendo hoxe escollido polo comité executivo da FIFA, seis anos antes da Copa.
[editar] Cobertura dos medios de comunicación
A primeira Copa do mundo a ser televisada foi a edición de 1954. Hoxe o evento é a competición deportiva máis seguida en todo o mundo, pasando os Xogos Olímpicos. A audiencia total de 2002 foi estimada en 28.800 millóns de telespectadores, dos que 1.100 millóns presenciaron a final. O sorteo, que decidiu a distribución das seleccións nos grupos, foi visto por máis de 300 millóns de persoas. Cada Copa do mundo ten como símbolo unha mascota. Willie foi a primeira, en 1966. As mascotas de 2006 son Goleo, un león, e Pille, unha bola de fútbol.
[editar] Primeira participación
En cada Copa do mundo polo menos unha selección participa na competición por primeira vez:
Ano | Selección |
---|---|
1930 | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
1934 | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
1938 | ![]() ![]() ![]() ![]() |
1950 | ![]() |
1954 | ![]() ![]() ![]() ![]() |
1958 | ![]() ![]() ![]() |
1962 | ![]() ![]() |
1966 | ![]() ![]() |
1970 | ![]() ![]() ![]() |
1974 | ![]() ![]() ![]() ![]() |
1978 | ![]() ![]() |
1982 | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
1986 | ![]() ![]() ![]() |
1990 | ![]() ![]() ![]() |
1994 | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
1998 | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
2002 | ![]() ![]() ![]() ![]() |
2006 | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[editar] Mundiais
Ano | Sede | Final | Disputa do 3º lugar | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vencedor | Marcador | Subcampión | 3º lugar | Marcador | 4º lugar | ||||
1930 Detalles |
Uruguai | ![]() Uruguai |
4 - 2 | ![]() Arxentina |
![]() Estados Unidos ![]() Iugoslavia |
s/d(1) | |||
1934 Detalles |
Italia | ![]() Italia |
2 - 1 prorr. |
![]() República Checa |
![]() Alemaña |
3 - 2 | ![]() Austria |
||
1938 Detalles |
Francia | ![]() Italia |
4 - 2 | Hungría |
![]() Brasil |
4 - 2 | ![]() Suecia |
||
1942 | ---- | NON HOUBO | |||||||
1946 | ---- | NON HOUBO | |||||||
1950 Detalles |
Brasil | ![]() Uruguai |
s/d(2) | ![]() Brasil |
![]() Suecia |
s/d(2) | ![]() España |
||
1954 Detalles |
Suíza | ![]() Alemaña Occidental |
3 - 2 | ![]() Hungría |
![]() Austria |
3 - 1 | ![]() Uruguai |
||
1958 Detalles |
Suecia | ![]() Brasil |
5 - 2 | ![]() Suecia |
![]() Francia |
6 - 3 | ![]() Alemaña Occidental |
||
1962 Detalles |
Chile | ![]() Brasil |
3 - 1 | ![]() Checoslovaquia |
![]() Chile |
1 - 0 | ![]() Iugoslavia |
||
1966 Detalles |
Inglaterra | ![]() Inglaterra |
4 - 2 prorr. |
![]() Alemaña Occidental |
![]() Portugal |
2 - 1 | ![]() URSS |
||
1970 Detalles |
México | ![]() Brasil |
4 - 1 | ![]() Italia |
![]() Alemaña |
1 - 0 | ![]() Uruguai |
||
1974 Detalles |
Alemaña Federal | ![]() Alemaña Occidental |
2 - 1 | ![]() Países Baixos |
![]() Polonia |
2 - 1 | ![]() Brasil |
||
1978 Detalles |
Arxentina | ![]() Arxentina |
3 - 1 prorr. |
![]() Países Baixos |
![]() Brasil |
2 - 1 | ![]() Italia |
||
1982 Detalles |
España | ![]() Italia |
3 - 1 | ![]() Alemaña Occidental |
![]() Polonia |
3 - 2 | ![]() Francia |
||
1986 Detalles |
México | ![]() Arxentina |
3 - 2 | ![]() Alemaña Occidental |
![]() Francia |
4 - 2 prorr. |
![]() Bélxica |
||
1990 Detalles |
Italia | ![]() Alemaña Occidental |
1 - 0 | ![]() Arxentina |
![]() Italia |
2 - 1 | ![]() Inglaterra |
||
1994 Detalles |
Estados Unidos | ![]() Brasil |
0 - 0 (3 - 2) p. |
![]() Italia |
![]() Suecia |
4 - 0 | ![]() Bulgaria |
||
1998 Detalles |
Francia | ![]() Francia |
3 - 0 | ![]() Brasil |
![]() Croacia |
2 - 1 | ![]() Países Baixos |
||
2002 Detalles |
Corea do Sur e Xapón | ![]() Brasil |
2 - 0 | ![]() Alemaña |
![]() Turquía |
3 - 2 | ![]() Corea do Sur |
||
2006 Detalles |
Alemaña | ![]() Italia |
1 - 1 (5 - 3) p. |
![]() Francia |
![]() Alemaña |
3 - 1 | ![]() Portugal |
||
2010 Detalles |
Sudáfrica | ||||||||
2014 Detalles |
América do Sul |
[editar] Goleadores
[editar] En varias edicións
Os máximos goleadores das Copas do Mundo son:
Xogador | Selección | Goles |
---|---|---|
![]() |
Brasil | 15 |
![]() |
Alemaña Federal | 14 |
![]() |
Francia | 13 |
![]() |
Brasil | 12 |
![]() |
Alemaña | 11 |
![]() |
Hungría | 11 |
![]() |
Arxentina | 10 |
![]() |
Perú | 10 |
![]() |
Alemaña | 10 |
![]() |
Inglaterra | 10 |
![]() |
Polonia | 10 |
![]() |
Alemaña Federal | 10 |
![]() |
Brasil | 9 |
![]() |
Italia | 9 |
![]() |
Portugal | 9 |
![]() |
Brasil | 9 |
![]() |
Italia | 9 |
![]() |
Alemaña Federal | 9 |
![]() |
Alemaña Federal | 9 |
![]() |
Brasil | 9 |
![]() |
Italia | 9 |
![]() |
Arxentina | 8 |
![]() |
Arxentina | 8 |
![]() |
Brasil | 8 |
![]() |
Uruguai | 8 |
![]() |
Brasil | 8 |
![]() |
Alemaña Federal | 8 |
Jairzinho (Brasil) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección brasileira en Mexico 1970.
Ghiggia (Uruguai) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección uruguaia en Brasil 1950.
Para este listado téñense en conta tódolos goles convertidos polo xogador nas diferentes versións da Copa do mundo en que participase, o máximo goleador nun so mundial é o francés Just Fontaine ao anotar 13 goles na Suecia.
O gol número dous mil na historia dos mundiais foi anotado polo sueco Marcus Allbäck durante a Copa do mundo de 2006, nun enfrontamento ante a Inglaterra o día 20 de xuño.
[editar] Nunha soa edición
O premio Bota d’Ouro Adidas entrégase dende 1982 ao máximo goleador de cada torneo.
Os máximos goleadores de cada Copa do mundo dende 1930 aparecen na seguinte táboa, dende 1982, os gañadores da Bota d’Ouro Adidas.
Copa mundial | Goleador | Goles |
---|---|---|
![]() Uruguai 1930 |
![]() |
8 |
![]() Italia 1934 |
![]() ![]() ![]() |
4(1) |
![]() Francia 1938 |
![]() |
8 |
![]() Brasil 1950 |
![]() |
9 |
![]() Suíza 1954 |
![]() |
11 |
![]() Suecia 1958 |
![]() |
13 |
![]() Chile 1962 |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
4 |
![]() Inglaterra 1966 |
![]() |
9 |
![]() México 1970 |
![]() |
10 |
![]() Alemania Federal 1974 |
![]() |
7 |
![]() Arxentina 1978 |
![]() |
6 |
Gañadores da Bota d’Ouro Adidas | ||
![]() España 1982 |
![]() |
6 |
![]() México 1986 |
![]() |
6 |
![]() Italia 1990 |
![]() |
6 |
![]() Estados Unidos 1994 |
![]() ![]() |
6 |
![]() Francia 1998 |
![]() |
6 |
![]() ![]() Corea-Xapón 2002 |
![]() |
8 |
![]() Alemaña 2006 |
![]() |
5 |
[editar] Táboa estatística de fases finais
A táboa estatística dos Mundiais de Fútbol presenta os datos das 75 seleccións nacionais de fútbol que participaron nas 18 Copas do mundo realizadas pola FIFA, entre 1930 e 2006.
Esta táboa ordena ás seleccións asignándolles unha posición seral baseándose en tres criterios:
- Puntos obtidos. Outórganse 3 puntos por victoria, 1 por empate y ningún por derrota. Este criterio é utilizado para tódolos partidos ao longo do torneo, a pesar de que foi establecido pola FIFA dende 1994.
- Maior diferencia de goles
- Maior cantidade de goles obtidos.
[editar] Táboa estatística de fases finais
Equipo | PM | Resultados | Participación | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pts | PX | PG | PE | PP | Rnd | GF:GC | 30 | 34 | 38 | 50 | 54 | 58 | 62 | 66 | 70 | 74 | 78 | 82 | 86 | 90 | 94 | 98 | 02 | 06 | ||||
1º | ![]() |
Brasil | 18 | 206 | 92 | 64 | 14 | 14 | 75% | 201:84 | 6º | 14º | 3º | 2º | 6º | ![]() |
![]() |
11º | ![]() |
4º | 3º | 5º | 5º | 9º | ![]() |
2º | ![]() |
5º |
2º | ![]() |
Alemaña[1] | 16 | 182 | 92 | 54 | 20 | 18 | 66% | 190:112 | 3º | 10º | ![]() |
4º | 7º | 2º | 3º | ![]() |
6º | 2º | 2º | ![]() |
5º | 7º | 2º | 3º | ||
3º | ![]() |
Italia | 16 | 151 | 77 | 44 | 19 | 14 | 65% | 122:70 | ![]() |
![]() |
7º | 10º | 9º | 9º | 2º | 10º | 4º | ![]() |
12º | 3º | 2º | 5º | 15º | ![]() |
||
4º | ![]() |
Arxentina | 14 | 112 | 65 | 33 | 13 | 19 | 57% | 113:73 | 2º | 9º | 13º | 10º | 5º | 8º | ![]() |
11º | ![]() |
2º | 10º | 6º | 18º | 6º | ||||
5º | ![]() |
Inglaterra | 12 | 93 | 55 | 25 | 18 | 12 | 56% | 74:47 | 8º | 7º | 11º | 8º | ![]() |
7º | 6º | 8º | 4º | 9º | 6º | 7º | ||||||
6º | ![]() |
Francia | 12 | 85 | 51 | 25 | 10 | 16 | 56% | 95:64 | 7º | 9º | 8º | 9º | 3º | 13º | 12º | 4º | 3º | ![]() |
28º | 2º | ||||||
7º | ![]() |
España | 12 | 78 | 49 | 22 | 12 | 15 | 53% | 80:57 | 5º | 4º | 12º | 10º | 10º | 12º | 7º | 10º | 8º | 17º | 5º | 9º | ||||||
8º | ![]() |
Suecia | 11 | 61 | 46 | 16 | 13 | 17 | 44% | 74:69 | 8º | 4º | 3º | 2º | 9º | 6º | 13º | 21º | 3º | 13º | 14º | |||||||
9º | ![]() |
Países Baixos | 8 | 58 | 36 | 16 | 10 | 10 | 54% | 59:38 | 9º | 14º | 2º | 2º | 15º | 7º | 4º | 11º | ||||||||||
10º | ![]() |
Rusia[2] | 9 | 57 | 37 | 17 | 6 | 14 | 51% | 64:44 | 6º | 6º | 4º | 5º | 7º | 10º | 17º | 18º | 22º | |||||||||
11º | ![]() |
Serbia[3] | 10 | 56 | 40 | 16 | 8 | 16 | 47% | 62:55 | 4º | 5º | 8º | 8º | 4º | 7º | 16º | 5º | 10º | 32º | ||||||||
12º | ![]() |
Uruguai | 10 | 55 | 40 | 15 | 10 | 15 | 46% | 65:57 | ![]() |
![]() |
4º | 13º | 7º | 4º | 13º | 16º | 16º | 26º | ||||||||
13º | ![]() |
Polonia | 7 | 50 | 31 | 15 | 5 | 11 | 54% | 44:40 | 11º | 3º | 5º | 3º | 14º | 25º | 21º | |||||||||||
14º | ![]() |
Hungría | 9 | 48 | 32 | 15 | 3 | 14 | 50% | 87:57 | 6º | 2º | 2º | 10º | 5º | 6º | 15º | 14º | 18º | |||||||||
15º | ![]() |
México | 13 | 45 | 44 | 11 | 12 | 21 | 34% | 48:84 | 13º | 12º | 13º | 16º | 11º | 12º | 6º | 16º | 6º | 13º | 13º | 11º | 15º | |||||
16º | ![]() |
República Checa[4] | 9 | 41 | 33 | 12 | 5 | 16 | 41% | 47:49 | 2º | 5º | 14º | 9º | 2º | 15º | 19º | 6º | 19º | |||||||||
17º | ![]() |
Austria | 7 | 40 | 29 | 12 | 4 | 13 | 46% | 43:47 | 4º | 3º | 15º | 7º | 8º | 18º | 23º | |||||||||||
18º | ![]() |
Bélxica | 11 | 39 | 36 | 10 | 9 | 17 | 36% | 46:63 | 11º | 15º | 13º | 12º | 10º | 10º | 4º | 11º | 11º | 19º | 14º | |||||||
19º | ![]() |
Portugal | 4 | 34 | 19 | 11 | 1 | 7 | 60% | 32:21 | 3º | 17º | 21º | 4º | ||||||||||||||
20º | ![]() |
Romenia | 7 | 29 | 21 | 8 | 5 | 8 | 46% | 30:33 | 8º | 12º | 9º | 10º | 12º | 6º | 11º | |||||||||||
21º | ![]() |
Suíza | 8 | 28 | 26 | 8 | 4 | 14 | 36% | 37:51 | 7º | 6º | 6º | 5º | 16º | 16º | 15º | 10º | ||||||||||
22º | ![]() |
Chile | 7 | 27 | 25 | 7 | 6 | 12 | 36% | 31:40 | 5º | 9º | 3º | 13º | 11º | 22º | 16º | |||||||||||
23º | ![]() |
Paraguai | 7 | 25 | 22 | 6 | 7 | 9 | 38% | 27:36 | 9º | 11º | 12º | 13º | 14º | 16º | 18º | |||||||||||
24º | ![]() |
Dinamarca | 3 | 23 | 13 | 7 | 2 | 4 | 59% | 24:18 | 9º | 8º | 10º | |||||||||||||||
25º | ![]() |
Estados Unidos | 8 | 21 | 25 | 6 | 3 | 16 | 28% | 27:51 | 3º | 16º | 10º | 23º | 14º | 32º | 8º | 25º | ||||||||||
26º | ![]() |
Croacia | 3 | 20 | 13 | 6 | 2 | 5 | 51% | 15:11 | 3º | 23º | 22º | |||||||||||||||
27º | ![]() |
Escocia | 8 | 19 | 23 | 4 | 7 | 12 | 28% | 25:41 | 15º | 14º | 9º | 11º | 15º | 19º | 18º | 27º | ||||||||||
28º | ![]() |
Corea do Sur | 7 | 19 | 24 | 4 | 7 | 13 | 26% | 22:53 | 16º | 20º | 22º | 20º | 30º | 4º | 17º | |||||||||||
29º | ![]() |
Camerún | 4 | 17 | 14 | 4 | 5 | 5 | 40% | 13:24 | 17º | 7º | 22º | 25º | 20º | |||||||||||||
30º | ![]() |
Bulgaria | 7 | 17 | 26 | 3 | 8 | 15 | 22% | 22:53 | 15º | 15º | 13º | 12º | 15º | 4º | 29º | |||||||||||
31º | ![]() |
Turquía | 2 | 16 | 10 | 5 | 1 | 4 | 53% | 20:17 | 11º | 3º | ||||||||||||||||
32º | ![]() |
Perú | 4 | 15 | 15 | 4 | 3 | 8 | 33% | 19:31 | 10º | 8º | 8º | 20º | ||||||||||||||
33º | ![]() |
Irlanda | 3 | 14 | 13 | 2 | 8 | 3 | 36% | 10:10 | 8º | 16º | 12º | |||||||||||||||
34º | ![]() |
Irlanda do Norte | 3 | 14 | 13 | 3 | 5 | 5 | 36% | 13:23 | 7º | 9º | 21º | |||||||||||||||
35º | ![]() |
Nixeria | 3 | 13 | 11 | 4 | 1 | 6 | 39% | 14:16 | 9º | 12º | 27º | |||||||||||||||
36º | ![]() |
Colombia | 4 | 11 | 13 | 3 | 2 | 8 | 28% | 14:23 | 14º | 14º | 19º | 21º | ||||||||||||||
37º | ![]() |
Marrocos | 4 | 10 | 13 | 2 | 4 | 7 | 26% | 12:18 | 14º | 11º | 23º | 18º | ||||||||||||||
38º | ![]() |
Costa Rica | 3 | 10 | 10 | 3 | 1 | 6 | 33% | 12:21 | 13º | 19º | 31º | |||||||||||||||
39º | ![]() |
Noruega | 3 | 9 | 8 | 2 | 3 | 3 | 38% | 7:8 | 12º | 17º | 15º | |||||||||||||||
39º | ![]() |
Ecuador | 2 | 9 | 7 | 3 | 0 | 4 | 43% | 7:8 | 24º | 12º | ||||||||||||||||
41º | ![]() |
Senegal | 1 | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 53% | 7:6 | 7º | |||||||||||||||||
42º | ![]() |
Alemaña Oriental | 1 | 8 | 6 | 2 | 2 | 2 | 44% | 5:5 | 5º | |||||||||||||||||
43º | ![]() |
Xapón | 3 | 8 | 10 | 2 | 2 | 6 | 27% | 8:14 | 31º | 9º | 29º | |||||||||||||||
44º | ![]() |
Arabia Saudí | 4 | 8 | 13 | 2 | 2 | 9 | 21% | 9:32 | 12º | 28º | 32º | 28º | ||||||||||||||
45º | ![]() |
Ucraína | 1 | 7 | 5 | 2 | 1 | 2 | 47% | 5:7 | 8º | |||||||||||||||||
46º | ![]() |
Alxeria | 2 | 7 | 6 | 2 | 1 | 3 | 39% | 6:10 | 13º | 22º | ||||||||||||||||
47º | ![]() |
Tunisia | 4 | 7 | 12 | 1 | 4 | 7 | 19% | 8:17 | 9º | 26º | 29º | 24º | ||||||||||||||
48º | ![]() |
Australia | 3 | 7 | 10 | 1 | 4 | 5 | 23% | 7:16 | 14º | 16º | ||||||||||||||||
49º | ![]() |
Gales | 1 | 6 | 5 | 1 | 3 | 1 | 40% | 4:4 | 5º | |||||||||||||||||
50º | ![]() |
Gana | 1 | 6 | 4 | 2 | 0 | 2 | 50% | 4:6 | 13º | |||||||||||||||||
51º | ![]() |
Sudáfrica | 2 | 6 | 6 | 1 | 3 | 2 | 33% | 8:11 | 24º | 17º | ||||||||||||||||
52º | ![]() |
Irán | 3 | 5 | 9 | 1 | 2 | 6 | 19% | 6:18 | 14º | 20º | 26º | |||||||||||||||
53º | ![]() |
Corea do Norte | 1 | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 33% | 5:9 | 8º | |||||||||||||||||
54º | ![]() |
Cuba | 1 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 44% | 5:12 | 7º | |||||||||||||||||
55º | ![]() |
Costa de Marfil | 1 | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 33% | 5:6 | 20º | |||||||||||||||||
56º | ![]() |
Xamaica | 1 | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 33% | 3:9 | 22º | |||||||||||||||||
57º | ![]() |
Honduras | 1 | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 22% | 2:3 | 18º | |||||||||||||||||
58º | ![]() |
Angola | 1 | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 22% | 1:2 | 23º | |||||||||||||||||
59º | ![]() |
Israel | 1 | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 22% | 1:3 | 12º | |||||||||||||||||
60º | ![]() |
Exipto | 2 | 2 | 4 | 0 | 2 | 2 | 17% | 3:6 | 13º | 20º | ||||||||||||||||
61º | ![]() |
Kuwait | 1 | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 11% | 2:6 | 21º | |||||||||||||||||
62º | ![]() |
Trindade e Tobago | 1 | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 11% | 0:4 | 27º | |||||||||||||||||
63º | ![]() |
Bolivia | 3 | 1 | 6 | 0 | 1 | 5 | 6% | 1:20 | 12º | 13º | 21º | |||||||||||||||
64º | ![]() |
Iraq | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 1:4 | 23º | |||||||||||||||||
65º | ![]() |
Eslovenia | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 2:7 | 30º | |||||||||||||||||
66º | ![]() |
Togo | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 1:6 | 30º | |||||||||||||||||
67º | ![]() |
Canadá | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 0:5 | 24º | |||||||||||||||||
68º | ![]() |
Indonesia[5] | 1 | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0% | 0:6 | 15º | |||||||||||||||||
69º | ![]() |
Emirados Árabes | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 2:11 | 24º | |||||||||||||||||
70º | ![]() |
China | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 0:9 | 31º | |||||||||||||||||
71º | ![]() |
Nova Zelandia | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 2:12 | 23º | |||||||||||||||||
72º | ![]() |
Grecia | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 0:10 | 24º | |||||||||||||||||
73º | ![]() |
Haití | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 2:14 | 15º | |||||||||||||||||
74º | ![]() |
R.D. do Congo[6] | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 0:14 | 16º | |||||||||||||||||
75º | ![]() |
El Salvador | 2 | 0 | 6 | 0 | 0 | 6 | 0% | 1:22 | 16º | 24º |
[editar] Simboloxía
- PM: Participacións en Copas Mundiais
- PX: Partidos xogados
- PG: Partidos gañados
- PE: Partidos empatados
- PP: Partidos perdidos
- Rnd: Rendimento (porcentaxe de puntos obtidos do total dos disputados)
- GF: Goles a favor
- GC: Goles en contra
[editar] Notas
- ↑ Inclúe as participacións da selección de
Alemaña Federal
- ↑ Inclúe as participacións da selección da
URSS
- ↑ Inclúe as participacións da selección de
Iugoslavia e de
Serbia e Montenegro
- ↑ Inclúe as participacións da selección de
Checoslovaquia
- ↑ Inclúe as participacións da selección das
Indias Orientais Holandesas
- ↑ Inclúe as participacións da selección de
Zaire
[editar] Xogadores galegos en fases finais
A selección nacional de fútbol de España contou nunha fase final dun Mundial de Fútbol coa participación de ben poucos xogadores galegos, tan só nove. Esta participación comezou en 1934 na Italia, onde o xogador Chacho participou nun encontro. Despois en 1962, no Chile, Luis Suárez foi titular en dous xogos, e noutro Reija. Catro anos máis tarde, en 1966 na Inglaterra, producíuse a maior participación ata agora de xogadores galegos, Luis Suárez disputou o primeiro encontro, e no segundo repetiu Luis Suárez, xunto a Reija e Amancio, e por fin no terceiro xogo volveron Reija, Amancio e tamén Marcelino. Moitos anos despois na Arxentina, o porteiro titular foi Miguel Ángel. En 1986 e no México xogou Tomás Reñones e en 1994 nos Estados Unidos o de Nigrán, Xurxo Otero. Recentemente na Alemaña o das Neves, Michel Salgado fai o número nove destes xogadores galegos que xogaron nunha Copa do mundo. Estes dous últimos, Xurxo Otero e Michel Salgado disputaron tamén o primeiro encontro da selección galega de fútbol, que como é sabido non disputa, polo de agora, ningunha competición oficial. Acuña e Jiménez foron convocados para o mundial do Brasil e de España respectivamente, aínda que non xogaron. Outro xogador galego, Ricardo Cabanas, representou na pasada edición da Copa do mundo á Selección nacional de fútbol de Suíza, equipo onde é ben considerado.