Nécora
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nécora | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Necora puber Liocarcinus puber Portunus puber |
||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A nécora, Liocarcinus puber, é un crustáceo da familia do centolo moi apreciado gastronomicamente e que, nas Rías galegas, dáse en relativa cantidade.
Normalmente fan vida nocturna, viven cerca da costa entre as rochas a profundidades non superiores a 50 metros, onde se alimentan de algas e peixes mortos. Ás veces chegan a devorar outras nécoras. O seu tamaño habitual é de aproximadamente 10 cm.
En Galiza, ademais das que se pescan na costa véndense tamén outras procedentes de Inglaterra, a Bretaña e Irlanda. As que se atopan en Galiza distínguense pola textura e a cor do caparazón, que é suave e aterciopelado, sendo as de fora máis lisas e carecendo de vellosidades finas. As galegas son de cor gris pardo e as demais son máis pálidas.
A veda en Galiza costuma coincidir cos seis primeiros meses do ano.