Número Mach
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Defínese o número de Mach coma a relación que existe entre a velocidade dun corpo que se despraza nun determinado medio e a velocidade do son no devandito medio. É un número adimensional empregado de xeito usual para expresa-las velocidades dos avións. Cando se fala de Mach 1, estáse a dicir que o avión voa á velocidade do son, Mach 2 fai referencia a que a súa velocidade é dúas veces a velocidade do son, etc.
Como a velocidade do son nun determinado medio depende, entre outros factores, da temperatura, a velocidade dun avión viaxando a Mach 1 dependerá da súa altitude e das condicións atmosféricas.
Os réximes de voo clasifícanse segundo o número de Mach do seguinte xeito:
- Subsónico: M < 0,7
- Transónico: 0,7 < M < 1,2
- Supersónico: 1,2 < M < 5
- Hipersónico: M > 5
Nomeado así en honor do físico e filósofo austriaco Ernst Mach.