Nevado del Ruiz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nevado do Ruiz | |
---|---|
![]() Emanacións de vapor en setembro de 1985. |
|
Elevación: | 5,389 m (17,784 pés) |
Latitude: | 4° 53′ N |
Lonxitude: | 75° 22′ W |
Lugar: | Colombia |
Cadea montañosa: | Andes |
Tipo: | - |
Primeira ascensión: | 1936 por M. Rapp e equipo |
Nevado del Ruiz é un volcán nevado en Colombia.
O 13 de novembro de 1985 o Nevado del Ruiz entrou en erupción. O fluxo piroclástico fundiu o glaciar e a neve do cume, xerando avalanchas de lodo. Estas avanzaron costa abaixo a través de ríos alcanzando distancias de até 100 km.
Vivendas e poboacións foron devastadas ao seu paso. A poboación de Armero foi a máis afectada ao quedar completamente cuberta. Aproximandamente 21.000 persoas (dun total de 28.700) morreron en Armero. As avalanchas causaron, segundo datos estimativos, 23.000 mortes, 5.000 feridos, e destruíron máis de 5.000 vivendas. Esta foi a segunda erupción volcánica máis devastadora no século XX despois da erupción do Monte Pelée en 1902.
[editar] Ver
- Traxedia de Armero