Nicolás I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nicolás I Pavlovich (en ruso Николай I Павлович, Tsarkoie Tseló, 6 de xullo de 1796 – San Petersburgo, 2 de marzo de 1855) foi zar de Rusia e rei de Polonia trala morte do seu irmán maior, Alexandro I en 1825.
Durante o seu goberno intentou eliminar os movementos nacionalistas, perpetuar os privilexios do estamento aristocrático e impedir o avance do liberalismo. Tamén reprimiu a insurrección decembrista en 1825 e apoiou a Austria a controlar a revolta húngara de 1848, a que lle valiu o alcume do xendarme de Europa. En 1830, tras unah reiterada negativa súa a aceptar os límites constitucionais fixados polo congreso polaco, foi deposto como rei de Polonia no chamado Alzamento de Novembro; Nicolás respondeu esmagando ós insurrectos e anexionando Polonia como provincia rusa. Tivo unha política expansionista que comenzou dende a guerra de Crimea. Faleceu en San Petersburgo en 1855, antes de que británicos e franceses, aliados do Imperio Otomano na guerra, triunfaran no asedio de Sebastopol, abrindo o camiño ás reformas efectuadas polo seu fillo Alexandro II.