Noche, Vilalba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Martiño de Noche é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo).
En 1991 contaba con 323 habitantes repartidos entre as entidades de: Amarela, A Bouza, Brañas, A Carpaceira, Carral, O Caxigal, Curro, Darriba, Doade, Lagüela, Lanelas, Lourixe, A Parrocha, Raño, Reboredo, Taraxal, Tornadoiros, Trobo e Verdueira.
Nosti ou Noste aparece nun documento de 1128 referido a un reparto de igrexas por Afonso VII e noutro de 1282 referido a un convenio entre o concello de Vilaba e o mosteiro de Santa María de Monfero.