Román, Vilalba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa Baia de Román é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo).
Quedan varios vestixios da Cultura Castrexa nesta parroquia que tamén aparece mencionada nun documento do século X e noutro de 1286. Os numerosos cruceiros que se atopan nesta parroquia dan boa conta da tradición do oficio de canteiro que dende o século XVII hai nestas terras.