Concello
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Política |
---|
Poderes |
Executivo | Lexislativo | Xudicial |
Formas de Goberno |
Monarquía | República | Anarquía |
Réximes e Sistemas |
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia |
Tipos de Poder |
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo |
Clases de Estado |
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República |
Conceptos |
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País |
Procesos |
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby |
División administrativa |
Cantón | Comunidade Autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia |
Cargos e Postos |
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador |
Disciplinas |
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía Política | Historia Política | Metapolítica | Política Internacional | Teoría Política | Xeopolítica |
Ideoloxías |
Esquerdismo | Dereitismo Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá |
Actitudes |
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neo-imperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposicionismo | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidarismo | Bipartidarismo e | Unipartidarismo Abstención | Amnistia | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo |
O concello ou municipio ou é, nas as súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de poder local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consoante as tradicións locais, os concellos modernos teñen, sen embargo, bastantes pontos de contacto na súa estrutura e competencias.
En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:
- Urbanos - concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado;
- Rurais - municipios constituídos por un ou máis núcleos populacionais de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto;
- Mixtos - concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.
Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como alguns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituindo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei.
Índice |
[editar] Municipalidade como entidades de primeiro nivel
- En Cabo Verde manténse a división administrativa herdada dos tempos dos portugueses con 17 concellos subdivididos en 31 freguesias (parroquias).
- Na República Popular da China, unha municipalidade (直辖市 en pinyin: zhíxiéshì) é unha cidade con igual estatos dunha provincia: Pequín, Tiangin, Shanghai, e Chongqing
- Na República da China en Taiwan, unha municipalidade (直轄市 en Wade-Xiles: chi-hsia-shih) é unha cidade con igual estatuto ca unha provincia: Taipei e Kaohsiung.
- En Montenegro, unha municipalidade (opština) é a maior división rexional.
- Na Eslovenia, unha municipalidade (občina) é a unidade administrativa local primaria. Hai 193 deles, 11 das cales posúen un estatuto "urbano" con autonomía adicional.
- Na España, unha municipalidade (municipio) é a unidade administrativa local primaria. Fai parte dunha provincia para todos os propósitos administrativos nacionais. Unha municipalidade contén unha ou máis parroquias. Na comunidade autónoma de Galicia, as municipalidades son chamadas de concellos, e en Asturias conceyus.
- En Francia as municipalidades son unidades administrativas de terceiro nivel: por debaixo das rexións (primeiro nivel) e dos departamentos (segundo nivel). Reciben o nome de comunas, herdado da Revolución Francesa. En xeral, as comunas urbanas son de maior tamaño. Porén, débese ter en conta que a maior parte das comunas son menores que os concellos galegos. En toda Francia hai máis de 3000 comunas.
[editar] Os concellos en España
O goberno e a administración autónoma do municipio correspóndenlle ao Concello, integrado polo alcalde e polos concelleiros. Estes últimos son elixidos mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto, por períodos de 4 anos. O alcalde é elixido polos concelleiros en sesión plenaria, ou directamente polos veciños en certos casos contemplados na lei.
Os órganos que integran a organización municipal son os seguintes:
Pleno. Formado polo conxunto de concelleiros electos, presididos polo alcalde e asistidos polo secretario.
O alcalde desempeña as funcións de dirección do goberno e da administración municipal, así como as demais atribucións que lle outorga a vixente lexislación e, entre elas, a organización das áreas que integran o goberno municipal e dos departamentos, servizos e outros entes que constitúen a administración municipal. Tamén é atribución do alcalde a representación do Concello, sen prexuízo da súa posible delegación. Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, será substituído polos tenentes de alcalde na orde e coas competencias que se deriven do seu nomeamento.
Tenente/s de alcalde. Substitúe o alcalde en caso de ausencia ou enfermidade, función que realiza de forma independente á competencia que lle corresponda na área como edil.
A xunta de goberno é o órgano que ten como atribución propia e indelegable a asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas funcións. Así mesmo, exercerá as competencias que lle deleguen o alcalde e o pleno municipal, cando teñan este carácter. Está integrada polo alcalde, que a preside, e polos concelleiros nomeados libremente por el como membros dela, que son asistidos nas súas reunións polo secretario xeral da corporación.
Comisións informativas. Estudan aqueles asuntos que son relevantes para o municipio e pásanlle, posteriormente, un informe ao pleno municipal, para a súa aprobación.
A nivel particular, cada un dos concelleiros que integran a xunta de goberno mantén unha serie de competencias municipais propias con respecto á área da súa responsabilidade.
[editar] Ver tamén
[editar] Municipios brasileiros
Para relación de municipios brasileiros, vexa Municipios brasileiros
Municipio é a menor unidade político-administrativa no Brasil, estando abaixo das Unidades Federativas (UF ou Estado). Posúe apenas dous Poderes: o Executivo (Prefeitura) e o Lexislativo (Cámara de Vereadores). Xeralmente un municipio é composto dunha cidade, a súa sede, e viciñanzas rurais. Mais tamén presentase na forma de varios núcleos urbanos dentro do mesmo territorio municipal. Cando temos cidades que se desenvolveron moito e aproximaron doutros municipios, damos o nome de Rexión metropolitana. En especial acontece coas capitais dos estados.
É o municipio que cuida diretamente de varios aspectos prácticos da vida da poboación, como rexistro de imobeis, de logradouros públicos menos importantes (ruas), asfaltamento de ruas, fiscalización do tránsito nos logradouros baixo a súa xurisdición, mais a lexislación do tránsito é federal. Prové tamén o ensino básico nas súas escolas. Mantén postos de saúde para a súa poboación. Controla e fiscaliza o transporte público municipal (táxis, onibus urbano, vans). Prové e/ou fiscaliza a coleta de lixo domiciliar. Controla e fiscaliza as feiras libres.
As subdivisións políticas do municipio (distritos) son órgaos sometidos ao poder da prefeitura. Un municipio é dividido en barrios dentro dunha mesma rexión. Pode tamén presentar sub-prefeituras, decentralizando a administrazón no día a día. En todo caso, o poder político executivo é exclusivamente do Prefeito, sendo todos os outros auxiliares da súa indicación (cargos de confianza).
O municipio non posúe forza policial armada, mais posúe a guarda municipal, que en xeral non usa armas de fogo.
No Brasil, o deseño dos limites municipais raramente coincide cos limites urbanísticos, naturais ou culturais dunha cidade, atendendo primariamente a intereses políticos de oligarquías locais. Basta tomar como exemplo que a cidade (mancha urbana) do Río de Xaneiro ten extensión territorial totalmente desconexa do município do Río de Xaneiro; encanto aquela se expande para outros municipios limítrofes, este inclui aglomeracións fisicamente separadas, como a Barra da Tixuca. O proceso de emancipación municipal no Brasil sofreu forte revés despois de 1996, ano en que unha lei aprobada no Senado Federal ampliou os requisitos necesarios para a creación de novos municipios.
Atualmente, o Brasil posúe 5.560 municipios en 26 Estados máis un DF (Distrito Federal); O maior municipio do Brasil é San Paulo, que posúe 1522,986 km² e unha poboación de 10.927.985 de habitantes (Proxeción de 01/07/2005). Fonte: IBXE - Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística
[editar] Municipios portugueses
Os 308 municipios portugueses (autarquías locais) corresponden, en territorio, aos chamados concelhos, que son a subdivisión territorial máis consistente que o país tivo ao longo dos seus 800 anos de historia. Con orixe nas cartas de foral que os reis atribuían a certas terras e aos territorios limítrofes, o tipo de administrazón dos municipios/concellos foi variando substancialmente ao longo do tempo: foronse criando uns, extinguindo outros, foron variando as súas competencias e nalgúns o territorio, mais os municipios/concellos permaneceron.
Hoxe, os municipios son xeridos por unha Cámara Municipal, órgano executivo, e teñen unha Asemblea Municipal, que é o órgano deliberativo. A Cámara é o órgano executivo que trata do goberno e dos asuntos correntes do municipio. Consonte a poboación do concello, a cámara municipal pode ser constituida por un número de vereadores ímpar entre 5 e 17 (en Lisboa), elexidos por sufragio directo e universal en listas, partidarias ou non. O executivo é representativo, incluindo tipicamente vereadores elexidos por varias listas. A Asemblea é o "parlamento" do municipio, cuxa competencia principal é a fiscalización da actividade da cámara municipal. Parte dos seus membros, en número que varía coa poboación do concello e tamén co número de freguesias, é elexida por sufragio directo e universal en listas que poden, ou non, ser partidarias, e a outra parte é composta por membros por inerencia: os presidentes das xuntas de freguesía do concello.
[editar] Ver tamén
[editar] Municipios noutros países
[editar] Municipalidade como entidades de segundo nivel
- Na África do Sur, municipalidades son divisións dunha provincia, e organizadas polo tamaño. En orde decrecente: metrópole, distrito, local.
- Na Alemaña, unha municipalidade (Gemeinde) é parte dun distrito (Kreis). Entidades grandes de mesmo nivel son chamadas de cidade (Stadt).
- Na Australia, unha municipalidade é unha cidade, ou condado, sendo unha subdivisión do estado.
- Na Austria, unha municipalidade (Gemeinde) é unha parte do distrito (Becirk), que é pola súa vez parte do estado (Bundesland).
- Na Bélxica, unha municipalidade é parte dunha provincia
- Na Bosnia-Hercegovina, unha municipalidade (općina or opština) é:
- parte dunha cantón (kanton)
- unha subdivisión (agrupado en rexións)
- No Canadá, unha municipalidade é unha cidade condado ou municipalidade rexional que esta incorporada polo estatuto pola lexislación das provincias e territorios do Candá.
- No Chile, unha municipalidade (comuna) é parte dunha provincia
- Na Croacia, unha municipalidade (općina) é parte dun condado (županixa)
- Na Dinamarca, unha municipalidade (kommune) é unha parte dun condado (amt)
- Na Finlandia, unha municipalidade (kunta/kommun) é unha parte dunha provincia (lääni/län)
- Nas Filipinas, unha municipalidade (bayan) é unha parte dais parte dunha provincia (lalawigan) e é composta de barangays.
- Na Grecia, unha municipalidade é tanto unha son tantos urbanas (demoi) canto rurais (koinotetes), que fan parte dunha prefeitura (nomos) dunha rexión maior coñecida como periferías.
- Na Italia, unha municipalidade (comune) é parte dunha provincia (provincia) que é parte dunha rexión (reggione).
- No Xapón, calquera goberno alén do goberno nacional xaponés é chamado municipalidade.
- No México, unha municipalidade (municipio) é unha subdivisión dun estado (estado).
- Nos Países Baixos, unha municipalidade (xemeente) é unha parte da provincia (provincie).
- Calquera parte da Nova Celandia é tanto chamado "cidade" (city) (xeralmente urbana) ou un distrito (district) (xeralmente rural). O termo "municipalidade" é raro na Nova Celandia desde aproximadamente 1979 e non posúe ningún estatuto legal.
- Na Noruega, unha municipalidade (kommune) é parte dun condado (fylke).
- Na Polonia, unha municipalidade (gmina) é parte dun condado (powiat).
- En Porto Rico, unha municipalidade (municipio) é unha cidade. Cada municipalidade posúe un prefeito eleito.
- Na Romenia, unha municipalidade (municipiu) é parte dun condado (xudeţ).
- Na Sérvia, unha municipalidade (opština) é parte dun condado (okrug)
- Na Suecia, unha municipalidade (kommun) é parte dun condado (län).
- Na Suiza, unha municipalidade (commune/Gemeinde/comune) é parte dun cantón (canton/Kanton/cantone) e defínese pola lei cantonal.
- Nos Estados Unidos, as entidades que posuen os estatos de municipalidade varían de estado para estado. Cidades, towns, vila ou vilarexo son termos común para municipalidade. Distrito municipal (Townships), condados, e parroquias non son xeralmente considerados municipalidades, entretano hai excepcións. Nalgúns estados, as cidades non posúen un estatuto de municipalidade similar ao distrito municipal.