Olimpo, Exarca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Olimpo (morto en 652) foi un exarca de Ravenna (649 – 652).
Antes do seu mandato como exarca, Olimpo foi un chambelán imperial en Constantinopla. En 649 o emperador bizantino Constante II ordenou a Olimpo que prendese ao Papa Martiño I baseándose en que a elección do Papa non fora sometida á aprobación do emperador. Constante estaba preocupado pola condena de Martiño á herexía monotelita; temía que rexurdise o conflito relixioso que asolara o imperio con anterioridade. Olimpo intentou gañarse o apoio dos cidadáns de Roma e o dos bispos; disque considerou ordenar o asasinato de Martiño. Ningunha das súas accións, con todo, tivo moito éxito.
Finalmente Olimpo decidiu cambiar os seus aliados e tomou partido polo Papa, proclamándose, á vez, emperador. Marchou contra Sicilia en 652, para combater os Sarracenos ou ás forzas bizantinas que alí estaban. O seu exército foi esnaquizado por unha enfermidade descoñecida, que matou ao mesmo Olimpo ese mesmo ano.
Exarcado de Ravenna | ||
---|---|---|
Segue a: Teodoro I, Exarca |
Olimpo, Exarca (649-652) |
Precede a: Teodoro I, Exarca |
[[]] |