Os Ánxeles - Los Angeles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Ánxeles (en galego: Os Ánxeles; en inglés: Los Angeles; en castelán: Los Ángeles; en portugués: Los Ángeles) é unha metrópole do sur de California, na costa oeste dos Estados Unidos de América. É tamén a capital do Condado dos Ánxeles.
Os Ánxeles é a maior cidade do seu estado e a segunda maior de Estados Unidos, cunha poboación de 3.798.981 habitantes segundo datos do 1 de xullo de 2002. Non obstante, a súa area metropolitana e moito maior, tanto polo gran espallamento da poboación como polo feito de que pola gran expansión dos Ánxeles, moitas zonas que forman parte do que pode chamarse a cidade conservan independencia administrativa, e a súa poboación non se suma á da cidade de Os Ánxeles.
O condado de Os Ánxeles ten unha poboación de máis de nove millóns de habitantes, sendo o condado máis poboado dos Estados Unidos. A área metropolitana de Os Ánxeles ten máis de 16 millóns de habitantes e abrangue tamén os condados de Imperial, Kern, Orange, Riverside, San Bernardino, San Diego e Santa Barbara.
A cidade debe o seu nome a colonos procedentes de México que a bautizaron como "El Pueblo de Nuestra Señora Reina de los Ángeles de la Porciúncula". É famosa por ser o principal centro de produción cinematográfica, musical e televisiva do mundo (Hollywood).