Ove, Ribadeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Xoán de Ove é unha parroquia de Ribadeo, provincia de Lugo).
Linda coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias) polo leste, Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande, no sur) e Cobelas e A Devesa (no oeste).
É unha freigresía pertencente o arciprestado de Ribadeo que ten 439 habitantes agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares cunha desidade media de 25'5 hab/km2 segundo o censo do 2004.
- As entidades de poboacion son as seguintes: As Aceñas (8), Acevedo (5), A Capela (7), As Casas Novas (12), O Chao de Ove (40), O Covo (8), A Eirexa (38), Estación Feve (13), A Faxarda (38), Frieira a Nova (18), Frieira a Vella (5), Os Garitos (29), A Graña (17), Os Guildeiros (1), Llano (16), Os Malatos (9), A Palmeira (67), Pastoriza (24), Reme (12), O Río de Ove (7), O Río de Ramos (abandoado), O Río Pequeno (10), Santa Cruz (10), Seixadelo (3), O Valín (5), A Veigadaira (36) e Vilar (1).
- Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Escaleira, A Estación, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín.
Situación xeográfica | |
---|---|
![]() |
|
Mapa de ubicación en Galiza da parroquia Ove, Ribadeo |
|
Concello ó que pertence: Ribadeo |
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 31'
Lonxitude: 7º 03'
Superficie: 17,24 Km²
Altitude media: 40 m.
- Festas:
As Festas Patronais de Ove, celebranse o día 24 de xuño, na honra a San Xoán.
Tamén é moi coñecida a Festa de Santa Cruz na honra a Virxe da capela do monte, o día 25 de Abril. Antiguamente a romaria soiase facer no monte do mesmo nombre onde unha procesión, ademáis dos penitentes de peregrinos acuden a realixa-la coñecida Xira da Santa Cruz (que na actualidade se fai en agosto e selle atribue a parroquia de Ribadeo); nembargantes esta parroquia soe face-la Xira homenaxe a Gaita, que esta declarada de interés turistico.
- Historia:
A freigresía pertenceu a antiga bispalía de A Mariña e figurou nun documento do ano 1128 baixo a nomenclatura de "Sanctus Joanne de Euve". En canto a outros autores din que recibe o seu nome do río que a limita: Euve. A -u- de Euve convertirase en -o- pola atracción da semiconsoante seguinte, a -v-, dando orixe ó nome evolucionado Eove. Ó estar normalmente precedida da preposición de, ...San Xoán de Eove..., prodúcese un falso corte da E- inicial e a súa desaparición, ó confundirse coa -e da preposición de. Queda, pois, así a súa forma actual Ove ou Obe, xa que entre a -v- e a -b- prodúcese unha vacilación constante.
- Monumentos:
A igrexa é do seculo XVII, con retablo rococó no presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais, outros dous do mesmo estilo. Sufriu varias reformas posteriores. No lugar da Graña encóntrase a capela de San Estevo, cun retablo barroco dun corpo e tres hornacinas, tamén se atopan as capelas de Santa Cruz, San Lazaro e San Estebo, e na aldea de A Frieira esta a capela de Santa Lucia.
[editar] Lugares de Ove
Lugares da parroquia de Ove no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
Aceñas | Acevedo | A Capela | As Casas Novas | O Chao de Ove | O Covo | A Eirexa | A Escaleira | A Estación | A Faxarda | Frieira a Nova | Frieira a Vella | Os Garitos | A Graña | Grañol | Os Guildeiros | Os Malatos | Ove | A Palmeira | Pastoriza | A Pega | Reme | O Río de Ove | O Río de Ramos | Río Pequeno | San Lázaro | Santa Cruz | Seixadelo | As Travesas de Ove | O Valín | Veigadaira | Vilar | A Vilavella | Xardín |