Rinlo, Ribadeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Parroquia de S. Pedro, Ribadeo, Lugo) Documentado medievalmente como 'Riilo'.
San Pedro de Rinlo
Freigresía pertencente o arciprestazgo de Ribadeo, cuias 272 persoas están agrupadas en unha entidade e 6 lugares, cunha densidade media de 240'7 hab/km2, segundo dantos do censo do 2004. Esta arroupada polas parroquias de A Devesa (o sur), Vilaframil (no leste), Reinante (dentro do concello de Barreiros o oeste) e o Mar Cantábrico o norte. O seu termo esta atravesado polo regato de San Xulián (ou San Xián, segundo outra denominación).
- As entidades de poboacion son as seguintes: Rinlo (272).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Campo de María Méndez, O Campo de San Pedro, O Campo do Cristo, O Cantal, O Cotarelo e A Virxe Branca.
Índice |
[editar] Situacion xeografica da capital parroquial
Situación xeográfica | |
---|---|
![]() |
|
Mapa de ubicación en Galiza da parroquia Rinlo, Ribadeo |
|
Concello ó que pertence: Ribadeo |
Latitude: 43º 33'
Lonxitude: 7º 06'
Superficie: 1,13 Km²
Altitude media: 24 m.
[editar] Festas e Lecer
As Festas Patronais de San Pedro celebranse o 29 de xuño, cunha procesión ata o peirao. O 16 de xullo, como en casi tódalas aldeas mariñeiras, hónrase á Virxe do Carme, cunha misa que se celebra no porto. O porto é de grande tradición mariñeira, e conta ademáis con depósito e traída de augas. Poden darse unhas voltas polas rúas estreitas. No bar da confraría cómese un arroz con lumbrigante sinxelamente impresionante. Moi recomendable é ir en inverno. Recentemente recuperouse a Festa do Percebe, que se ven celebrando contra o 25 de xullo.
[editar] Historia
A historia da aldea, coma o do seu nome, non esta suficientemente clara, pero a maioría dos autores opinan, en canto o nome que o debe ó pequeno río que desembocaba (e desemboca) no seu porto: Rivillus, palabra composta de rivius, 'río' e a posposición diminutiva illus 'río pequeno', 'regato'. Perdida a -v- ante a -i-, fenómeno frecuente na formación das linguas romances, quédanos Riillus. O hiato formado polas dúas -ii- fai desaparecer unha delas, quedándonos Rillus, que acaba en Rilo perdendo unha -l- por reducción fonética. A -n- que logo aparece non é outra cousa que un fenómeno de nasalización secundaria, como esquecer / esquencer.
[editar] Monumentos
Non son de especial relevancia, pero paga a pena visita-la igrexa de San Pedro, sita no centro: tamén merecen unha ollada as casas da zona, de diferente colorido, pero as máis antigas amosan a pervivencia das súas contrucións fronte o tempo. Na actualidade parece que se está a reformar a maioría da rasa costeira coma paseo marítimo.
Galería fotográfica
Lugares da parroquia de Rinlo no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Campo de María Méndez | O Campo de San Pedro | O Campo do Cristo | O Cantal | O Cotarelo | Rinlo | A Virxe Branca |
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo | |
---|---|
Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María) |