Vilaframil, Ribadeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Parroquia de San Lourenzo, Ribadeo, Lugo) Documentado como 'Villafraamil'
San Lourenzo de Vilaframil
As parroquias de Rinlo e A Devesa no oeste, Covelas e Vilausende o sur, Ove, Ribadeo, Piñeira e Vilaselán no leste e o Mar Cantábrico o norte, limitan coa titular do artigo. Freigresía do arciprestazgo de Ribadeo con 330 habitantes, agrupados en 14 entidades de poboacion e 2 lugares, cunha densidade media de 40'1 hab/km2 segundo censo do 2004. A maioria da poboación distribuese cara a zona do Cantábrico, aproveitando os medios de comunicación coma a estrada e o ferrocarril de via estreita (FEVE); a outra parte expandese cara o sur donde o terreo é bastante máis elevado. Esta ven regada por tres regados, un deles fai de límite cunha das parroquias laterais. O regato da Capela (que nace cerca do lugar da Madanela) atravesa a parroquia de par en par ata desembocadura (facendo unha ensenada que se coñece coma ensenada de Liñares). Por outra parte esta o regado de San Xián, que recibe o nome do nacemento nas cercanias da aldea de San Xillao, atravesa parte desta parroquia e vai a desembocar na parroquia de o Rinlo.
- As entidades de poboacion son as seguintes: O Campo de San Lourenzo (90), Carreira Branca (16), Coedo (4), O Coto (40), A Granxa (13), A Madanela (37), O Pinar (abandoado), O Regueiral (2), A Requeixada (3), Río Caínzos (10), San Xillao (59), A Siñeira (9), O Tombín (25) e O Valado (22).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: A Galera e A Manzana.
Situación xeográfica | |
---|---|
![]() |
|
Mapa de ubicación en Galiza da parroquia Vilaframil, Ribadeo |
|
Concello ó que pertence: Ribadeo |
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 32'
Lonxitude: 7º 05'
Superficie: 8,23 Km²
Altitude media: 62 m.
- Festas e Lecer:
Esta parroquia soe celebra-las festas o 10 de Agosto, na honra a San Lorenzo, con procesión o redor da igrexa. Nos bagares que podemos percorrer nesta parroquia podemos achar unha antiga escola de agricultores (a Granxa Escola de Pedro Murias); feita a madiardes do seculo XX coas subvencións dun emigrado a Cuba. A faia das mesmas, a escola viuse na obriga de pechar, pero recentemente volve a estar aberta gracias o interés da Xunta de Galicia, vaixo o nome de Escola Centro de Capacitación Agraria. Polos seus arredores podemos ver o Aeródromo de Ribadeo (creado polo Clube Aéreo Ribadense). Dispón de pista a aterraxe asfaltada para avionetas, biplazas, voo sen motor e outros, sempre de caracter sinxelo; ademáis dunhos angares, en definitiva e pista de aterraxe é operativa para ultralixeiros, pero dada a súa situación limítrofe entre Galicia e Asturias, tamén pode ser utilizada por helicópteros, voos turísticos….
- Historia:
En canto a zona, a historia vai aunada a do concello de Ribadeo en sí; pero no canto a nome da parroquia, dise que o primeiro elemento deste nome é Vila- 'casa de campo'. O segundo provén do nome do poseedor xermánico, Fradamiri, xenitivo de Fradamirus. A primeira parte, Frad- significa 'intelixente'; a segunda, -mirus, 'admirable'. O significado deste nome sería pois 'o famoso pola súa intelixencia'. Desaparece deste nome a -d- intervocálica, e tamén a -i final dacordo coa tendencia da época. Só nos resta xa asistir ó antirotacismo que ha cambiar a -r final por -l, como ocorre con todos os nomes de posesor xermánico acabados en -miri que evolucionan a -mil, como Vilamil, Samil, etc.
- Monumentos:
Ademáis da igrexa parroquial, pódese visitar a antiga Granxa Escola de Pedro Murias, hoxe Centro de Capacitación Agraria, onde poderemos aprezar como eran antes e como son agora os materias de estudos e labrazas que estan de mostra.
[editar] Lugares de Vilaframil
Lugares da parroquia de Vilaframil no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Campo de San Lourenzo | Carreira Branca | Coedo | O Coto | A Galera | A Granxa | A Madanela | A Manzana | O Pinar | O Regueiral | A Requeixada | Río Caínzos | San Xillao | A Siñeira | O Tombín | O Valado |
[editar] Parroquias de Ribadeo
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo | |
---|---|
Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María) |