Oymyakon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Oymyakon (ou Oimekon) é unha localidade do Leste de Siberia (Rusia), xunto ó Río Indigirka, na República de Sakha, e ten cerca de 1000 habitantes. É coñecida por ter o record de temperatura máis baixa nunha localidade permanentemente habitada, co valor de -71.2̊C (-96 ̊F), que ocorreu en Xaneiro de 1926.
Oymyakon sitúase a 63̊ 15' Norte de latitude e 143̊ 9' Este de lonxitude, cerca de 800 quilómetros ó leste de Yakutsk, unha das máis importantes cidades de Siberia.
A vida é extremadamente difícil. Os habitantes aliméntanse de cabalo e reno. O curto período estival permite obter algúns vexetais, ausentes dos hábitos alimentarios durante todo o resto do ano.
Os transportes son igualmente dificultados polo feito de combustibles como o gasóleo se conxelaren a -50ºC (-58ºF).
A escola pecha cando as temperaturas se sitúan por baixo dos -52ºC. A tinta das estilográficas conxélase habitualmente e todo o equipamento electrónico presenta un mal comportamento en función das diferentes reaccións de dilatación e contracción dos metais a temperaturas extremadamente baixas.