Reno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rena | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | ||||||||||||
|
O reno ou rena, tamén chamado caribú na América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito na Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.
O reno presenta dimorfismo sexual, sendo os machos de ata 300 kg bastante maiores que as femias. Ambos os sexos teñen galladas, que son máis elaboradas nos machos. A principal fonte de alimentación das renas son líquenes e herbas rastreiras. Este animais poden, no entanto, comer tamén pequenos paxaros e ovos. O reno ten dentes frontais apenas no maxilar inferior.
O reno é bastante importante na economía das populacións nativas do Ártico como os Inuit e os habitantes da Laponia. Estes pobos domesticaron o reno como fonte de alimento e de peles e animal de tracción. Para alén das manadas domésticas, os renos tamén se cazan nalgúns lugares polos mesmos motivos.
Na cultura popular, a zorra do Pai Nadal é puxado por renos.