Países Cataláns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Países Cataláns son os territorios nos cais os habitantes falan catalán, ou hai dereitos e deberes lingüísticos para os seus habitantes nesa lingua. A súa extensión é de 69.823 quilómetros cadrados e ten 12.9 millóns de habitantes (2004).
Índice |
[editar] Política
Image:Paísescatalans.jpg Os Países Cataláns non están recoñecidos coma unha entidade política. De feito, atópanse fragmentados en diversas rexións con distintos graos de autonomía política, pertencentes aos estados español, francés e andorrano. Hai unha corrente política a cal propón a independencia dos Países Cataláns e a creación dun Estado catalán (ver Independentismo catalán). Algúns independentistas propoñen o uso do termo Cataluña para facer referencia á totalidade dos Países Cataláns, mais esta proposta non se adoptou dun xeito oficial.
Outras correntes políticas catalanistas usan o termo "Países Cataláns" coma sinónimo de "territorios de fala catalana", sen consideran que teñen que formar unha entidade política independiente.
E hai outras correntes políticas que rexeitan directamente o uso do termo Países Cataláns e calquera proposta de unidade política destes territorios, considerándoos unha imposición de Cataluña sobre os outros territorios. Nos casos máis extremos, hai sectores que negan até a unidade da lingua catalana.
[editar] Límites
- Ao norte: Occitania
- Ao sur: Murcia
- Ao leste: O Mar Mediterráneo
- Ao oeste: Aragón e Castela
[editar] División política e administrativa
Tradicionalmente e administrativamente, os Países Cataláns inclúen os seguintes territorios:
- Cataluña, coñecida habitualmente coma O Principado. Divídese por unha fronteira interestatal, establecida polo Tratado dos Pireneos, que separa a Cataluña do Norte (na actualidade forma o departamento francés dos Pireneos Orientais) do resto do antigo Principado.
- A Comunidade Valenciana.
- As Illas Baleares e as Pitiüses.
- O Principado de Andorra
- A Franxa de Ponente ou de Aragón (en aragonés a Francha de Lebán).
Nun sentido máis restrinxido ao dominio lingüístico tamén se inclúen:
- O pobo do Alguer na Sardeña, onde se preservou unha variedade do catalán, o alguerés.
- A rexión murciana do Carxe, onde se falou catalán logo dunha gran emigración de traballadores valencianos entre os séculos XVIII e XIX.
[editar] Lingua
A lingua propia dos Países Cataláns é o catalán que, informalmente, en moitos lugares ten o nome popular do xentilicio (como rosellonés, tortosí, etc.; só no País Valenciano o xentilicio ten rexoñecemento oficial: valenciano. Exceptúanse as bisbarras occidentais e meridionais do País Valenciano, onde se fala o castelán, e o Val de Arán e a Fenolleda, onde se fala o occitano. A lingua catalana é a única lingua oficial na Andorra, é oficial (de novo, logo dun longo paréntese, dende 1978) na Cataluña, xunto ao castelán; e tamén é oficial conxuntamente co castelán no País Valenciano e nas Illas Baleares. Non o é, en cambio, nos outros territorios.
Hai que ter en conta que para definir aos Países Cataláns non se teñen en conta os procesos de castelanización que se deron dende o século XIX até hoxe. Pola contra, acéptanse coma casteláns outras zonas que antes eran de lingua catalana, como é o exemplo de Oriola.
|
|||
Cataluña · País Valenciano · Illas Baleares · Andorra · Franxa de Aragón · Alguer · O Carxe |