Partido Comunista de Francia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Comunista de Francia (Parti Communiste Français, PCF) é un partido político francés de esquerdas, membro do Partido da Esquerda Europea.
[editar] Historia
O PCF foi fundado no Congreso de Tours, no ano 1920, como consecuencia da escisión no seno da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) entre os partidarios da II Internacional (da cal formaba parte a SFIO) e os partidarios da III Internacional (maioritarios e favorabeis á Revolución Rusa e ó bolchevismo). Estes últimos fundaron a Sección Francesa da Internacional Comunista (SFIC), que se convertiría posteriormente no actual Partido Comunista Francés.
[editar] Situación actual
Na actualidade, a presidencia do PCF a ocupa a deputada Marie-George Buffet. Foi elexida para este cargo despois da marcha do antigo presidente Robert Hue. Marie-George Buffet fora anteriormente secretaria xeral do partido.
O Partido Comunista Francés atópase hoxe en día na oposición.
Dous departamentos están gobernados polo Partido Comunista. Tratanse dos departamentos de Seine-Saint-Denis e Val-de-Marne, os dous na rexión de Illa de Francia. O PCF ocupa a presidencia destes dous departamentos grazas ó apoio recibido por parte dos outros partidos políticos de esquerda presentes nos Consellos Xerais, xa que en ningún caso dispón da maioría absoluta.