Península de Kola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Península de Kola (en ruso: Кольский полуостров, Kol'skij poluostrov) é unha península que se atopa no norte da Rusia europea, no oblast de Múrmansk. Limita ao norte co mar de Barents e ao leste e ao sur co mar Branco.
A fronteira occidental da península de Kola exténdese ao longo do meridiano desde o golfo de Kola a través do lago Imandra, o lago Kola e o río Niva ata o golfo de Kandalaksha. A península cubre unha área de máis de 100.000 km². A costa setentrional elévase abruptamente desde o nivel do mar, mentres que a meridional é practicamente chá. Ao oeste da península atópanse dúas cordilleiras: as montañas Khibinys e a tundra de Lovozero.