Período Kamakura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paleolítico
Jomon
Yayoi
Período Yamato
---Período Kofun
---Período Asuka
Período Nara
Período Heian
Período Kamakura
Período Muromachi
Período Azuchi-Momoyama
---Período Nanban
Período Edo
Período Meiji
Período Taisho
Período Showa
---Expansionismo xaponés
---Ocupación xaponesa
---Post-ocupación xaponesa
Heisei
O período Kamakura iniciase trala derrota do clán Taira polos Minamoto na guerra de Genpei, o período coñecido como `Kamakura`, o primeiro dos tres grandes períodos do xogunato xaponés (xogún = xeneral). Este xogunato Kamakura durou de 1185 ata 1333. O imperador asume función decorativa (en Quioto), cabendo ao xogún toda a administración do país, baseado nun sistema feudal, coa capital na cidade de Kamakura. En 1192, o xogún Minamoto Ioritomo é nomeado polo imperador ´seitai-xogún´ (xeneralísimo combatente dos bárbaros) e os seus descendentes serían alzados ao posto de xogún, nun rexime coñecido como bakufu (governo da tenda). A partir dese período, todos os xogún son considerados descendentes dos príncipes do clan Minamoto, fillos do imperador Seiwa, sendo título hereditario.
A Era Kamakura, liderada por samurais, caracterizouse polo xurdimento de novas tendencias relixiosas e polas intensa busca de apoio espiritual, levando o budismo ao pobo. Ata a Era Heian (794~1192), esa forma de relixión era practicada case que exclusivamente polos nobres. Coa popularización da crenza budista surxiron varias sectas denominadas “Novo Budismo de Kamakura”.
O aparecimento de novas sectas foi impulsado pola idea de fín do mundo (mappó shisó) que se espallou a fins da Era Heian, provocada pola inestabilidade social – consecuencia da guerra entre os clans Taira e Minamoto –, a miseria e as calamidades.
Os monxes Eisai (1141~1215) e Doguen (1200~1253) estudaron na China (Dinastia Sung) a secta Zen, que prega a meditación para acadar o nirvana e, cando voltaron ao Xapón, fundaron respectivamente as sectas Rinzai-shû e Sôtô-shû.
Shinran (1173~1262), discípulo do monxe Hônen (1133~1212), fundou a secta Jôdo-shinshû e, na época do ataque dos mongois, o monxe Nichiren (1222~1282) fundou a secta Nichiren-shû, que pregaba pola salvación da alma e do país.
Todas esas novas sectas teñen en común a simplicidade e a ausencia de práctica ascética rigorosa, facendo posible para calquer persoa o seu exercicio.