Placa base
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A placa base é un unha placa de circuíto impreso que conecta os diferentes elementos que contén e que é o compoñente principal do ordenador, sobre ela van conectados a maioría dos dispositivos do ordenador e das súas características derívanse as prestacións e o rendemento do ordenador.
Aínda que as placa base poden ser de diferentes formas, tipos e tamaños a estrutura xeral e os elementos que a integran son semellantes nos diferentes modelos, entre os máis comúns están o microprocesador, a memoria RAM, a memoria caché, a BIOS, a batería, o reloxio, reguladores de voltaxe, conectores internos e externos e unha serie de chips ou circuítos integrados encargados de tarefas específicas.
[editar] Modelos principais
- PC/XT - foi a placa base creada por IBM para o primeiro ordenador personal, o IBM-PC
- AT - foi a primeira placa base en conseguir ampla aceptación, moi usada durante a era dos 386
- Baby AT - desenvolvida por IBM como sucesora da AT, da que se diferenciaba polo seu menor tamaño.
- ATX - actualmente a máis popular.