Pradairo común
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pradairo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Acer pseudoplatanus L. | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O pradairo común (Acer pseudoplatanus L.) é unha árbore da familia das Sapindaceae, antes da antiga familia Aceraceae.
[editar] Descrición
O pradairo é unha árbore grande, de talo lanzal, que pode acadar 35 m de altura e un diámetro duns 3,5 m ( a 1,5 m sobre o chan). A cortiza é de primeiras dun gris amarelento, logo gris vermellizo, e pode escamar en placas grandes. As follas son opostas (como en todos os arces), caducas, palmeadas con cinco lóbulos en punta, de dentes romos, separados por seos agudos. Estas follas, de pecíolo longo, son verdo-escuras na cara superior e verde-glauco no anverso, onde mostran pelos nos nervos.
As flores de cor verde-amarelo, agrupadas en corimbos, aparecen antes que as follas. Teñen 5 sépalas, 5 pétalas e 8 estambres. Os froitos son en samara con ás anchas e pregadas, formando ángulo recto.
É unha árbore de medramento rápido nos primeiros anos, que rebrocha doadamente do tronco cando este é cortado. Florece entre 20 a 25 anos, en abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán e manteñense bastante na árbore. Prefire chans ricos e, sobretodo, calizos. Polo xeral aparece en poboacións espalladas no medio doutras especies, nomeadamente acompañando faias e sapinos.
[editar] Utilización
O pradairo, como autros arces, cultívase como planta ornamental. A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpentería e en torneados. Un emprego saliente é para fabricación de instrumentos musicais. Entempos utilizouse para facer zocas. Fornece tamén unha execelente madeira para queimar.
Categorías: Botánica | Aceraceae | Sapindaceae | Flora