Proterozoico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na escala de tempo xeolóxico, o Proterozoico (do latín "primeira vida") é o éon que está comprendido entre 2 500 millóns e os 542 millóns de anos, aproximadamente. O éon Proterozoico sucede ao éon Arqueano e precede o éon Fanerozoico. Dividese nas eras Paleoproterozoica, Mesoproterozoica e Neoproterozoica, da máis antiga para a máis recente.
Foi durante o Proterozoico cando se formaron os continentes e mais cando apareceron nos océanos as formas de vida eucarionte. O oxíxeno formouse na atmosfera. Considérase que as algas azuis foron as principais responsables desta gran acumulación de oxixeno. Arredor de mill millóns de anos atrás moitos tipos de algas comezaron a aparecer no rexistro de fóseis, incluindo as algas verdes e vermellas.