Fonteo, Baleira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Fonteo é unha parroquia do concello de Baleira.
Limita o Norte con Braña, ao Sur con Librán, ao Leste con Cubilledo e ao Oeste con Pena (Castroverde). Os seus 66 habitantes están distribuidos en 4 núcleos e 4 lugares, cunha densidade media de 15´6 hab/km2 no 2003. O seu nome deriva do nacemento do río Eo.
As entidades de poboación son as seguintes: Castiñeiras (8), A Ferraría (12), Fonteo (40) e Río de Castro (6). Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Barreiro, O Pibidal, Valdeirexe e A Veiguiña.
[editar] Situacion xeográfica da capital parroquial
- Latitude: 43º 03'
- Lonxitude: 7º 15'
- Superficie: 4,22 Km²
- Altitude media: 600 m.
[editar] Monumentos
O único monumento de máis rechamada é a igrexa parroquial de Santa María de Fonteo. Esta igrexa, moi sinxela, é de tipo rural e pequenas dimensións, con muros de mampostería e sillería de granito e lousa, e cuberta de lousa a dúas e catro augas. O presbiterio e a nave están comunicados por medio dun arco triunfal de medio punto. O frontis culmina cunha espadana dun so vano. No interior consérvase un so retablo na capela maior, de estilo barroco popular.
Lugares da parroquia de Fonteo no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
O Barreiro | Castiñeiras | A Ferraría | Fonteo | O Pibidal | Río de Castro | Valdeirexe | A Veiguiña |
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira | |
---|---|
A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela) |