Red Special
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Red Special é a guitarra persoal do guitarrista de Queen Brian May, fabricouna o propio May con axuda de seu pai entre 1963 e 1964 ao non poder pagar a guitarra que quería.
Esta guitarra acompañou a Brian durante todas as xiras e é a guitarra que se escoita en todos os discos de Queen.
A mediados dos 90, o luthier australiano Greg Fryer restaurou a Red Special arranxando os pequenos e grandes problemas que tiña a guitarra a causa do desgaste, deixándoa como nova. E tamén fabricou tres copias dela, entregándolle dúas a Brian e quedándose el unha.
No 2004, o luthier inglés Andrew Guyton fabricou 50 copias da Red Special para conmemorar os 40 anos da súa realización, 40 en vermello e 10 en verde.