Taxonomía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Taxonomía (do grego ταξις, taxis, "ordenamento", e νομος, nomos, "norma" ou "regra") é a ciencia da clasificación. Xeralmente se emprega o termo para designar a Taxonomía Biolóxica, a ciencia de ordenar ós organismos nun sistema de clasificación composto por taxons agrupados en categorías taxonómicas.
Índice |
[editar] Tipo de taxonomías e escolas taxonómicas
Orixinalmente o termo taxonomía só facía referencia a ciencia que clasificaba os seres vivos, agora ben, hoxe o termo aplícase de forma máis ampla e nun sentido máis xeral referíndose a clasificación das cousas e ós principios que subxacen en cada clasificación. Existen diferentes tipos de taxonomías referidas a diversos campos:
A taxonomía biolóxica nace da necesidade de poñer orde nos máis de 5 millóns de especies de seres vivos que temos no planeta, para iso, esta ciencia ordénaos, describe e clasifica tomando como unidade fundamental a especie. Ademais desta categoría existen outros rangos que de máis e menos inclusivo son os seguintes: Dominio, Reino, Filo ou Phylum ou División (en plantas), Clase, Orde, Familia,Tribo, Xénero, Especie, e Subespecie, con outros 40 rangos máis que se insiren entre eles, tales como: subphylum, superorde, subfamilia, etc.
Pódese dicir que a taxonomía bioloxíca comenzou grazas aos traballos do naturalista sueco Carl von Linné (Linneo) (1707-1778). Foi o que creou o sistema de clasificación que aínda hoxe estase a empregar e que está baseado nos diferentes taxons dispostos en orde xerárquica.
Na taxonomía filoxenética (ou cladística), os organismos poden ser clasificados en clados, que son as diferentes pólas da árbore filoxenética proposta para agrupar os seres vivos, é dicir, un clado pódese interpretar como un conxunto de especies emparentadas por un antecesor común. Os clados pódense representar nun cladograma. Un taxon é un clado que foi situado nunha categoría taxonómica, ao que se lle outorgou un nome en latín, fíxose unha descrición do mesmo, e asocioúselle un exemplar “tipo” e logo foi publicado nunha revista científica. Cando se fai todo isto, o taxon ten o nome axeitado. A Nomemclatura é a subdisciplina que trata de regulamentar estes pasos, e ocúpase de que se ateñan aos principios de nomenclatura. Os sistemas de clasificación resultantes, funcionan como contedores de información por unha banda, e como predictores pola outra. Unha vez está determinado o sistema de clasificación, extráense os caracteres diagnósticos de cada taxon, que se organizan en grandes libros chamados Claves de Identificación, que son empregados na disciplina da Determinación ou identificación de organismos, que sitúa a un organismo descoñecido nun taxon coñecido do sistema de clasificación dado.
As normas que regulan a creación dos sistemas de clasificación son un pouco arbitrarias. Para comprender esas arbitrariedades (por exemplo, a nomenclatura binomial das especies e a uninomial das categorías superiores a especies, ou tamén a cantidade de categorías superiores á especie, ou a cantidade de categorías taxonómicas e os nomes das mesmas) é necesario estudar a Historia da Taxonomía, que deixounos como herdanza os Códigos Internacionais de Nomenclatura aos que deben aterse os sistemas de clasificación. Hoxe estase a debater se facer reformas substanciais nos Códigos, habendo propostas como son a “taxonomía libre de rangos”, ou as “marcas de ADN”, etc.
Unha escola taxonómica minoritaria é a que considera que os grupos parafiléticos tamén deberían ter a posibilidade de ser convertidos en taxons, se os grupos que os conforman son o suficientemente semellantes entre si e o suficientemente diferentes do clado que queda fora (escola evolucionista). Un exemplo clásico dun grupo parafilético que algúns taxónomos consideran un taxon, é o das algas verdes, parafiléticas respecto ás plantas terrestres (todas xuntas formarían o clado das plantas verdes). Un dos expoñentes actuais desta escola é o investigador Cavalier-Smith.
Outra escola minoritaria chamada fenética está encabezada por investigadores como Sokal, e que pregoaba que era imposible coñecer a filoxenia dos organismos coa información que se recollía, debido a que os razonamentos facíanse circulares (a morfoloxía determinaba as relacións de parentesco, e coas relacións de parentesco interprétase a morfoloxía) e a información incompleta. Estes investigadores escollían facer clasificacións baseadas exclusivamente na cantidade de caracteres semellantes entre os organismos, sen inferir ningunha historia evolutiva detras deles (tal e como fora plantexada orixinalmente a taxonomía, antes da teoria da evolución de Darwin). Esta escola perdeu recentemente forza coa chegada dos análises de ADN e coa mellor interpretación do rexistro fósil que temos hoxe en día.
Unha escola distinta, da cal o exponente máis extemo quizais sexa o PhyloCode (http://www.phylocode.org), propón unha clasificación libre de categorías, pero non ten moita resonancia no eido científico.
A taxonomía numérica ou fenecticismo e unha escuela sistemática que defende a agrupación empregando exclusivamente a similitude, xeralmente mediante estimacións cuantitativas da devandita similitude. Consiste por exemplo en como obter clasificacións dentro dun grupo de individuos, empregando para elo as propiedades que os caracterizan. Para conseguir este obxectivo utilízanse diferentes ferramentas matemáticas e estadísticas, que permiten determinar as semellanzas entre os individuos a clasificar.
No terreo educativo temos a taxonomía de Bloom é que é unha clasificación dos obxectivos do proceso educativo elaborada polo pedagogo norte-americano Benjamin Bloom que distingue tres dominios ("categorías") de actividades educativas e seis niveis xerárquicos de comportamento intelectual.
Outras taxonomías como as analizadas por Durkheim e por Levi-Strauss son chamadas ás veces taxonomías populares (folk taxonomy) para distinguilas das taxonomías científicas, que afirman que están separadas das relacións sociais e polo tanto son obxectivas e universais.
A Baraminoloxía, la alternativa creacionista á cladística, é un sistema que enfatiza a reprodución illada. Por exemplo, estos grupos a miudo toman os mamíferos como unha clase separada dos outros vertebrados.
A Folcsonomía (Folksonomy), é un neoloxísmo derivado da palabra taxonomía (non debe confundirse co termo “folk taxonomy” antes comentado) que é usado en informática que da nome á categorización colaborativa por medio de etiquetas simples nun espacio de nomes chans, sen xerarquías nin relacións de parantesco predeterminadas. Jon Udell (2004) suxire que “o abandono das taxonomías a favor das listaxes de palabras claves non é novidade, e que a súa diferenza fundamental é o intercambio de opinións (feedback) que se atopa na folcsonomía e non na taxonomía.
A frase “taxonomía de empresa” (enterprise taxonomy) úsase no mundo dos negocios para describir una forma moi limitada da taxonomía usada so dentro dunha organización. Un exemplo podería ser un certo método de calsificar as árbores como “Tipo A”, “Tipo B” e “ Tipo C” usado solo por unha compañía madeireira específica para catigoriza os envios en barco dos troncos.
[editar] Historia da taxonomía
As orixes da taxonomía remóntanse ás orixes da linguaxe, cando as persoas chamaban cos mesmos nomes a organismos máis ou menos similares. Este sistema aínda persiste hoxe en día no que chamamos os “nomes vulgares” dos organismos. Estes nomes son útiles na fala cotidiá, non obstante os naturalistas decatáronse de que precesiban un sistema máis universal e rigoroso de nomear aos organismos.
Xa no século XVIII a taxonomía recibiu un empurrón definitivo gracias o naturalista sueco Carl von Linné (Linneo) que tiña a ambición de nomear a tódolos animais, plantas e minerais coñecidos da época. No ano 1753 escribiu o libro Species Plantarum (“ Os tipos de plantas”) en Latín que trataba das plantas., no que cada tipo de planta era descrita cunha frase cun máximo de 12 palabras (polinomios). Ademaís engadiu outra innovación que xa fora empregada antes por Castpar Bauhin (1560-1624): a nomenclatura binomial ou binomios, como o “nome curto” das especies.Nas marxes do seu Specie Plantarum, seguido do nome axeitado polinomial de cada especie, escribiu unha soa palabra. Esta palabra, combinada coa primeira palabra do polinomio (hoxe chamada xénero), formaba un nome maís doado de lembrar e curto para cada especie.
A nomenclatura binomial para identificar de xeito unívoco ás especies resolvía así os problemas producidos pola variedade de nomes locais. O mesmo tempo Linneo propuso un esquema xerárquico de clasificación, onde as especies moi semellantes poideranse agrupar nun mesmo xénero, os xéneros en familias, e así sucesivamente en ordés, clases, filos e reinos, proporcionando unha imaxe estructurada (como a árbore de Porfirio da metafísica clásica) da relación entre espeicies. O conxunto dos organismos agrupados según as xerarquías anteditas, constitúen os sistemas de clasificación dos organismos que poden ser arbitrarios, se só tentan agrupar os organismos para facilitar a súa determinación de maneira artificiosa, ou naturais, cando as xerarquías establecense en función das súas semellanzas reais. A palabra “natural” daquela non foi definida científicamente, e no tempo de Linneo só quería dicir que as especies foron creadas “naturalmente” semellantes a algunhas e diferentes doutras. Aínda non xurdira a teoría da Evolución no mundo científico.
O termo taxonomía foi creado en 1813 empregando a devandita grafía polo botánico suizo Agustin Pyrame de Candolle (1778-1841) na súa Teoría elemental da botánica ou exposición dos principios de clasificación natural do arte de describir e estudar os vexetais para designar na súa « teoría das clasificiacións » o mesmo tempo o método é o que el calificou como «bases da botánica filosófica ».
Aínda que, como o método de Jussieu, utiliza os binomios lineanos e preconiza o « método natural » oposto ó « sistema artificial » de Lineo, a taxonomía proposta por De Candolle alónxase pola importancia dada os saltos. Mentras que para Linneo e Jussieu, a natureza « non da saltos», Candolle insiste nas discontinuidades que están na base da noción de taxón, ó mesmo tempo entidade e división. O termo taxonomía e de uso corrente hoxe en día, pero en francés a súa grafía foi correxida por Emile Littre a Taxinomía, pero a outra grafía sigue sendo moi utilizada en francia, sobre todo gracias a súa conservación da traducción inglésa Taxonomy
Cando xurdiu a teoria da evolución a medidados do século XIX , comenzou a admitirse, tal e como propusera Darwin, que o grao de parentesco entre os taxóns (filoxenia) debía servir como criterio para a formación dos grupos. A publicación do seu libro Sobre a orixe das especies en 1859 estimulou a incorporación das teorías evolutivas na clasificación, proceso que aínda hoxe non rematou (de Queiroz e Gauthier 1992). Un paso crítico neste proceso foi a adquisición da perspectiva filoxenética, na que algúns científicos como Willi Hennig (1913-1976), Walter Zimmermann (1892-1980) e Warren H. Wagner (1920-2000) e moitos máis fixeron valiosas aportacións. A bioloxía sistemática é a ciencia que trata de relacionar os sistemas de clasificación coas teorías sobre evolución dos taxóns.
Hoxe en dái o desenvolvemento de novas técnicas (como o análise do ADN) e as novas formas de análise filoxenética (que permiten analizar matrices cunha cantidade enorme de datos) están producindo cambios substanciais nas clasificacións ó uso, obrigando a desfacer grupos de longa tradición e definir outros novos. Os aportes máis significativos proceden da comparación directa dos xenes e os xenomas. Hoxe os organismos agrúpanse segundo as semellanzas no seu ADN (e logo co apoio do rexistro fósil e a morfoloxía), e a evolución dos caracteres morfoloxicos é “interpretada” unha vez a árbore filoxenética está consensuada. Esta situación enriqueceu o campo da Bioloxía Sistemática, e logrou unha relación estreita desta última coa ciencia da evolución, cousa que antes non ocurrira debido as numerosas imprecisions que existían antes da chegada dos analise de ADN nos sistemas de clasificación. A taxonomía pasou a ser só unha subdisciplina da Bioloxía Sistemática que se ocupa de crear o sistema de clasificación segundo as regras, e a “estrela” pasou a ser a árbore filoxenética en si.
[editar] As diferencias entre taxonomía e Sistemática
Na maioría das disciplinas das ciencias da vida, o termo taxonomía é inseparable de sistemática, ciencia que ten por obxecto enumerar e clasificar os taxóns cun certo orde, baseado en principios diversos.
Na práctica, o termo « sistemática » designa tanto o método empregado (por exemplo diráse « a sistemática filoxenética ») como o resultado obtido con este método (a « sistemática dos basidiomicetos». No sentido concreto do resultado, as dúas ciencias diferencianse pouco e a miudo confúndense, porque son practicadas simultaneamente polas mesmas persoas. Os taxonomistas foron chamados dende sempre sistemáticos, porque despois de ter estudiado e descrito os organismos, eles intentaron clasificalos a partir do nivel baixo das especies (alpha taxonomía ou « taxonomía primaria »).
Os que empregan sobre todo os sentido do método, sobre todo os filoxenéticos , nomean a miúdo ao resultado clasificación ou incluso « taxonomía ».
[editar] As categorías taxonómicas
As categorías taxonómicas son os diferentes chanzos nos que podería divididirse a clasificación dun ser vivo. As máis importante de todas quizais sexan as que nomean o xénero e a especie, por exemplo: no caso do lobo, Canis lupus (xénero Canis, especie lupus).
As categorías taxonómicas xeralmente empregas de máis a menos inclusiva son as seguintes: Dominio, Reino, Subreino, Filo (ou División, no caso das plantas), Subfilo ou Subdivisión, Superclase, Clase, Subclase, Superorde, Orde, Suborde, Infraorde, Superfamilia, Familia, Subfamilia, Tribo, Subtribo, Xénero, Subxénero e a Especie. Dentro da especie temos aínda Subespecie, Variedade, Subvariedades e Raza.
[editar] O nome científico
As especies son nomeadas segúndo o sistema de nomenclatura binomial creado por Linneo. O nome dunha especie é a combinación dun binomio (expresión de dúas palabras) en latín, onde a primeira, o nome xenérico (en maiúsculas), é compartida polas especies do mesmo xénero, e a segunda , o adxetivo específico, fai alusión a algunha carácterística, propiedade disitintiva, un homenaxe a un científico o outro criterio(en minúsculas).Exemplos: Senecio jacobea (Herba de Santiago), Pagellus cantabricus (Ollomol).Unha vez fixado, un nome non é sustituido por outro sen un motivo taxonómico (exemplo: un cambio nas categorías) aínda que conteña algún erro.
[editar] Perspectivas actuais da taxonomía
Grazas á análise de ADN e os progresos na informática e internet a taxonomía voltou a poñerse de moda no mundo científico. Estas novas ferramentas xeran un debate acerca da utilidade das regras da taxonomía tal como están hoxe en día. Xurden opiniòns respecto da necesidade de reformar os Códigos de Nomenclatura Zoolóxica e Botánica (Mallet e Willmott, 2003).
Só cuns poucos centos de bases de ADN pódese facer un análise que sirve para facer a indentificación e parentesco dun ser vivo. Algúns autores como Hebert et al (2003), e Tautz et al. (2003), propoñen un rol central do ADN na definición das especies, de xeito que unha mostra de ADN e a súa lectura da secuencia de bases debería ser un dos caracteres do espécimen tipo, e unha especie de marca como un carácter clave, de emprego similar a como se usa o código de barras nos supermercados.
Esta taxonomía ten algúns dos problemas que xa tiñan os outros enfoques: por exemplo, o problema do límite da circuscrición dos taxóns. Outro problema e decidir que secunencia do ADN usar, xa que algunhas secuencias non dan unha información que diferencie o taxón dos demáis, polo que non é conveniente confiar nunha soa secuencia de ADN.
Existen moitas iniciativas taxonómicas en Internet, das cales as que quizabes son máis populares son:
- All-Species http://www.allspecies.org - GBIF http://www.gbif.org - Species 2000 http://www.sp2000.org - Tree of Life: http://www.tolweb.org/tree/phylogeny.html
Una web universal de información taxonómica sólo xurdirá cando exista unha web na que se obteña a mellor información, a máis completa e actualizada, de contido libre, e amigable (“user-friendly”), entón as demáis caerán en desuso. Só nas bacterias esa información está unificada, na páxina seguinte:
- http://www.dsmz.de/bactnom/bactname.htm
Existe unha proposta para a creación dun rexistro central de nomes (Charles Godfray, 2002)(Minelli,2003) no que se poda facer unha primeira revisión a través de internet.
O futuro dos códigos ten que cambiar para poder reflictir as novas realidades e necesidades, e so un amplo consenso poderá evitar a fragmentación do coñecemento existente en moitos sistemas incompatibles (Mallet e Willmott, 2003)
[editar] Vér tamén
[editar] Referencias
- Raven, P. H., Evert, R. F., Eichhorn, S. E. 1999. Biology of Plants. 6ª edición.
- Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, USA.
[editar] Códigos Internacionais de Nomenclatura
- Greuter, W. et al. 2000. International Code of Botanical Nomenclature (St. Louis Code). Gantner/Koeltz (contenido online aquí)
- International Commission on Zoological Nomenclature. 1999. International Code of Zoological Nomenclature. International Trust for Zoological Nomenclature. (contenido online aquí)
- P. H. A. Sneath. 1990. International Code of Nomenclature of Bacteria: Bacteriological Code, 1990 Revision. International Union of Microbiological Societies. ISBN: 978-1-55581-039-9 (contenido online aquí).
[editar] Links externos
- Utter freedom via tagging and social constructs
- Wikispecies Main Page
- Integrated Taxonomic Information System
- Taxonomy Browser of National Center for Biotechnology Information
- Library of Taxonomy Resources
- TermExtractor - a FREE Terminology extraction tool - a very useful starting point for taxonomy construction