Mineral
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido e cristalino á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido.
Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre ou por varios, como o seixo.
Bauxita (Brasil) |
|||
Mica branca |