Ribeirão Preto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ribeirão Preto | |
---|---|
Estado | Sao Paulo |
Área | 652,2 km² |
Poboación | 505 012 (Censo 2000) |
Altitude | 546 m sobre o nivel do mar |
Fundada en | 19 de xuño de 1856 |
Latitude | 21º12' S |
Lonxitude | 47º48' O |
Distancia de Sao Paulo capital | 310 Km |
Código postal (CEP) | 14000-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Ribeirão Preto Praça Barão do Rio Branco, S/N |
Internet: | http://www.ribeiraopreto.sp.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Welson Gasparini |
Ribeirão Preto é unha importante cidade sitúada no norte do estado de Sao Paulo non moi distante da divisa con Minas Xerais, no Sudeste do Brasil. Con máis de 500 mil habitantes (nona cidade do estado de Sao Paulo en poboación total), é unha importante cidade industrial (destaque para as fábricas de equipamentos médicos e fármacos, alimentos e bebidas, caucho e plásticos), comercial e de servizos, e importante centro da agroindustria de cana de azucre, soia, café e laranxa. Debido á riqueza xerada por súa fruticultura, é coñecida pola cariñosa alcuña de a California brasileira.
A cidade posui unha universidade destacada pública: o campus da Universidade de Sao Paulo (USP) de Ribeirão Preto. Hai tamén algunhas outras universidades particulares. Isto torna a cidade un importante centro de vida universitaria. Para este grande número de xovens estudantes, a cidade oferece variadas opcións de lecer, como bares e vida nocturna. Dentre os bares, encontrase o Pingüim, famoso en todo o estado de Sao Paulo pola súa cervexa, sendo casi un ex-libris da cidade.