Cervexa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A cervexa é unha bebida alcólica aromatizada con lúpulo, obtida da fermentación (polo xeral inducida cando non espontánea), por medio dun lévedo, dos zucres extraídos de malta de cebada/orxo, ou ben doutros cereais en gran, copos malteados ou non.
Dos catro elementos básicos: auga, malta, lúpulo, lévedo, por medio de cinco fases normais (mosto, filtrado, fervido, fermentación, maduración) pódese obter unha gama nomeadamente ampla (por características organolépticas, taxa alcólica e tipo de consumo) de cervexas.
O seu valor alcólico están comprendido entre o 2 e o 9 por cento, mais en casos pode superar o 14 ou 15 por cento.
Para a súa producción en moitos países orientais (como China ou Xapón), ou nalgunhas industrias para baixar os custos da materia prima, ven sendo utilizado o arroz; mentres no continente africano vense empregando o paínzo ou o sorgo. O proceso de elaboración realízase no interior de grandes caldeiras e precedido dunha aromatización do composto base con lúpulo e outros preparados aromáticos.
A maior parte da producción cervexeira actual é de tipo industrial, aínda que nos últimos anos estanse afirmando a producción artesanal sobretodo nos países de tradición cervexeira máis sólida. Existe tamén un importante movemento de cervexeiros de tipo caseiro (en inglés "homebrewers").
Coñecida xa na Antigüidade - sumerios,celtas, exipcios - segue a ser unha bebida moi popular a través do mundo e en todas as civilizacións.
Versións debilmente alcólicas (menos de 2º) están a disposición no mercado. Contrariamente a outras bebidas « sen alcol », son fabricadas con os mesmos procesos que a cervexa clásica.
[editar] Historia
No Neolítico (desde 8000 anos a.C.), o ser humano descubríu o cultivo de cereais, e de seguido a fermentación por azar. A cervexa prehistórica, a miudo composta de cebada, entrou na alimentación normal posibelmente desde que se cultivou o orxo - o que está testemuñado para Mesopotamia desde o IXº milenio a.C. -, e sabemos, documentalmente, que a preparación de cervexa se coñece desde o IVº milenio a.C. Era consumida en familia e usada como medio de pago en Babilonia, onde aparece citada no Código de Hammurabi, un dos textos xurídicos máis antigos. Foi bebida dos deuses en Exipto. Na antiga Grecia e en Roma era só bebida de pobres, mentres o viño o era dos deuses e do pobo en xeral. Porén era a bebida fina para os pobos do Norte, celtas e xermanos. A preferencia polo viño reafírmase na Europa cristiá, no inicio da Idade Media, nomeadamente desde que o concilio de Aquisgrán de 816 animou a viticultura episcopal e monástica a fin de garantir a celebración da eucaristía. Houbo que esperar ata arredor do século XI para que a elaboración de cervexa retomase importancia, en particular en Baviera, no Sur de Alemaña. Moi logo, sobre o século XII, algúns mosteiros (p.ex. en Bélxica e Baviera) especializáronse na preparación de cervexa, que bebía a poboación en lugar dunha auga a miudo non potábel.
Na actualidae, a cervexa goza de éxito mundial en tanto que bebida de degustación. O seu éxito remonta ao século XIX, no que o dominio na fermentación, mercé ao refrixerado e a pateurización, permitíu producir novas variedades de cervexa así como a súa exportación. De aí que por exemplo a pils ou pilsen, unha cervexa lager nacida en 1842 na cidade de Plzeň - coñecida en alemán como Pilsen -, en Bohemia, na (Republica Checa), ten conquerido o planeta ata o punto de que representa o 90 % do consumo mundial.
Template:Loupe