Soia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Soia | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||
Blycine max | ||||||||||||||
![]() |
A Soia é un gran rico en proteínas (família Fabaceae), cultivado como alimento tanto para humanos como para animais. A palabra soia ven do xaponés shoyu. A soia é nativa do sudoeste da Asia.
O Brasil é o segundo maior produtor de soia do mundo, vindo atrás só dos Estados Unidos. Outros grandes produtores son a Arxentina, a China e a India. A produción mundial da soia en 2004 foi de 190 millóns de toneladas.
O aceite de soia é o máis utilizado pola poboación mundial na preparación de alimentos. Tamén é extensivamente usado na alimentación de animais. Outros produtos derivados da soia inclúen aceites, fariña, leite, xabón, cosméticos, resinas, tintas, solventes e biodiesel.
A soia é unha das plantacions que está sendo xeneticamente modificadas en grande escala, e a soia transxénica está sendo utilizada nun número crecente de produtos. Actualmente, o 80% de toda a soia cultivada para o mercado comercial é transxénica. A Monsanto é a empresa líder na soia xeneticamente modificada.
A soia está considerada como unha fonte de proteína completa, isto é, contén cantidades significativas de todos os aminoácidos esenciais que deben ser providos ao corpo humano através de fontes externas, por causa da súa inhabilidade para sintetizalos.
Como ilustración do poder nutritivo da soia, saliéntese o feito de que ela é o único alimento proteico fornecido por organizacións humanitarias a africanos famélicos. Cunha alimentación exclusivamente baseada na soia, nenos á beira da morte recuperan todo o seu peso en poucas semanas. Ese fenómeno ocorreu en grande escala nas crises humanitarias de Biafra (Década de 1970), Etiopía (Década de 1980) e Somalia (Década de 1990).