Romanización
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)
Historia de Galiza |
---|
Prehistoria |
O Megalitismo |
Idade de Bronce |
Idade Antiga |
Cultura Castrexa |
Gallaecia |
Reino Suevo |
Idade Media |
Reino da Galiza |
A Época altomedieval |
A Galicia feudal |
Idade Moderna |
Idade Contemporánea |
O Século XIX |
A Restauración |
Século XX |
A Segunda República |
A época franquista |
Presente |
Coñécese como romanización ao proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ian adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.
O comezo de romanización de Galiza adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o rio Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado imediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simples base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pré-existente en populi e castellae, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.
O territorio pertenceu pimeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituiuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría provabelmente no século III d.C.
Os meios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandería a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.
Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a meados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.
As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Osorio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio, Ptolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e San Martiño de Dume, e no Itinerario de Antonino.