Roquefort (queixo)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Roquefort é o nome dunha variedade de queixo orixinalmente francés producido con leite de ovellas.
Esta variedade de queixo presenta masa de consistencia cremosa e esfarelada, con casca húmida e sabor acentuado e picante.
Na súa fabricación, así como no das variedades Gorgonzola e Camembert, son inxetados fungos (balores) na masa, neste caso os do tipo Penicillium, que pasa a seguir por un proceso de maduración de tres meses.
Son estes fungos os que desenvolven no Roquefort a aparencia característica con veos verde-azulados, que lle dan o sabor especial.