Queixo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O queixo é un alimento feito co leite callado de varios animais, incluíndo vacas, cabras, ovellas, búfalo femia ou camelo femia. O leite é inducido a callar usando unha enzima obtida do recubrimento do estómago das vacas, aínda que un substituto microbiolóxico (producido en laboratorio) é usado cada vez máis. Algúns queixos cállanse con ácidos como vinagre ou zume de limón. Ao queixo engádenselle bacterias para darlle sabor, e algúns queixos tamén conteñen mofos, tanto na superficie exterior como no interior. O queixo é naturalmente branco, de maneira que é común engadirlle cor mediante afumados e colorantes naturais ou artificiais.
Ademais, hai unha clase de alemento coñecido como "queixo procesado". A súa forma máis común son as talladas individuais dunha substancia amarela semellante ao queixo usadas comunmente en sándwichs e hamburguesas. Estas están xeralmente baseadas en queixo, mais con grasas modificadas e outros aditivos que axudan a estabilizar o produto para estender a súa vida útil, con frecuencia con perdas no sabor.
A primeira fábrica comercial de queixo fundouse o 3 de febreiro de 1815 en Suíza.
[editar] Algúns queixos famosos
Queixo | Orixe | Cor | Leite | Tipo de pasta | Gusto |
---|---|---|---|---|---|
Boursin | Francia | branco | vaca | fresca | suave/mediano (é usual condimentalo con noz, pementa, chile, etc.) |
Brie | Francia | branco | vaca | suave | suave |
Cabrais | Asturias (España) | azul | vaca | forte | |
Camembert | Francia | branco | vaca | suave | mediano |
Comté | Francia | branco | vaca | ||
Emmental | Suiza | amarelo | vaca | prensada | forte |
Fontina | Italia | amarelo | vaca | ||
Gorgonzola | Italia | azul | vaca | forte | |
Gouda | Holanda | amarelo | vaca | prensada | mediano |
Gruyère | Suiza | amarelo | vaca | prensada | mediano/forte |
Hebra | México | branco | vaca | maleábel e flexíbel, de sabor suave | |
Idiazabal | País Vasco/Navarra (España) | de branco a amarelo | ovella | mediano; existe unha variedade afumada | |
Majorero | Forteventura (España) | branco | cabra | suave (fresco) forte (curado) | |
Manchego | A Mancha (España) | de branco a amarelo | ovella | prensada | característico |
Mascarpon | Italia | branco | vaca | suave | |
Mozzarela | Italia | amarelo | búfala | fresca | mediano |
Oaxaca | México | Branco | vaca | prensada | Sabor Mediano |
Palmito | Costa Rica | de branco a amarelo | vaca | prensada | Mediano |
Panela | México | branco | vaca | fresca | suave |
Parmigiano Reggiano | Italia | amarelo | vaca | mediano/forte | |
Pecorino Romano | Italia | vaca | |||
Port Salut | Francia | branco | vaca | suave | |
Provolone | Italia | amarelo | vaca | mediano | |
Ricotta | Italia | branco | vaca | fresca | suave |
Roncal | Roncal (España) | amarelo | ovella | prensada | medio/forte |
Roquefort | Francia | azul | cabra | con balor | forte |
Tetilla | Galiza (España) | de branco a amarelo | vaca | cremoso |
[editar] Véxase tamén: