Rotario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rotario ou Rothari, duque longobardo de Brescia, elixido rei dos lombardos de Italia polo partido ariano, sucedendo así ao seu predecesor ariano Arioaldo (636 e casa coa súa viúva católica Gondeberga). O seu reinado está marcado por de novas conquistas lombardas; Córsega foi invadida, a Toscana e a Liguria conquistadas e ocupadas, e Xénova cae no 643. Ao nordeste, apodérase por fin da fortaleza de Oderzo, que sempre rexeitara aos lombardos e bate en dúas ocasións aos bizantinos nos montes Apeninos e na aba setentrional do Monte Cimone. Morre no 652 e é enterrado en Pavía, capital lombarda.
Rotario é o primeiro rei lombardo en poñer por escrito as leis orais do seu pobo e dos seus súbditos bárbaros. Así, o 22 de novembro de 643, fai publicar en Pavía o seu famoso edicto, máis coñecido co nome de Edicto de Rothari, de inspiración xermánica.
[editar] Ligazóns externas
[editar] Ver tamén
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Arioaldo |
Rotario (636-652) |
Precede a: Rodoaldo |
- |