Sándor Kocsis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sándor Kocsis (nado o 21 de setembro de 1929 en Budapest; morto o 22 de xullo de 1979), foi un dianteiro de fútbol húngaro que archivou o histórico record de 75 goles en competicións internacionais (en só 68 encontros). Sorprendentemente non é o mellor marcador de Hungría xa que Ferenc Puskás ostenta o título con 84 (en 85). É tamén coñecido co alcume Testa de Ouro pola súa destreza no remate.
A carreira internacional de Kocsis abarcou desde o 1948 ata o 1956. Foi o mellor artilleiro da Copa do Mundo de 1954 marcando 11 goles e rematando con Hungría de subcampiona. Ese número só foi sobrepasado unha vez por Just Fontaine, quen marcou 13 durante a Copa do Mundo do 1958; semella improbable que sexa sobrepasado outra vez nun futuro próximo.