Segunda revolución industrial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Segunda Revolución industrial (1880-1945)
A segunda Revolución científico técnica (CRT) inicíase a fins do século XIX (1880) e é a continuación do avance tecnolóxico, iniciado coa revolución industrial. Tamén, é a expresión do desenvolvemento do capitalismo, cos seus períodos de auxe e crise, en todo o mundo.
Ó finalizar a sétima década do século XIX, a primeira fase do capitalismo, a fase do libre comercio, comeza a mostrar signos de debilidade. En 1873, iníciase a segunda gran crise do capitalismo, á que se lle denominou "a Gran Depresión" e inda que houbo recuperacións en 1880 e 1888, estas foron pasaxeiras proseguindo a crise ata mediados da 1890.
Por outra parte, ó finalizar o século XIX, a poboación da rexión industrializada de Europa experimentou un extraordinario crecemento e para a súa alimentación foi necesario recorrer á importación de cantidades cada vez maiores de alimentos e de materias primas de Europa Oriental, particularmente Rusia, e dos Estados Unidos. Esta extraordinaria demanda de alimentos produciu:
- Unha rápida transformación dos métodos agrícolas.
- O desenvolvemento de técnicas para a conservación e transporte de alimentos.
As principais innovacións tecnolóxicas da segunda revolución industrial foron: A produción de aceiro a baixo custo, a incorporación da electricidade e o petróleo para permitir a utilización do motor eléctrico e de combustión exterior no sistema económico. A medicina conseguiu coñecer as causas das enfermidades infecciosas e, desta maneira, púxose de manifesto o modo de combatelas e máis inda de previlas. Finalmente, o desenvolvemento da química permitiu coñecer a función do solo na nutrición da planta e sentou as bases para o desenvolvemento dos fertilizantes artificiais.
O motor de combustión exterior fixo posible as plantas de luz, o aeroplano en combinación co motor eléctrico permitiu o desenvolvemento do automóbil e da industria automotriz. O motor eléctrico resultou ser un medio máis flexible para satisfacer a necesidade de dispoñer de unidades máis pequenas para as industrias menores. Pero a posibilidade de utilizar estas unidades dependían, á súa vez, de que se contase cunha ampla rede de abastecemento de enerxía eléctrica. Isto foi posible ó comezar a demandarse servizos domésticos. Primeiramente se desenvolveron as redes de auga e gas, despois construíronse as redes telegráficas e telefónicas e finalmente Thomas Alva Edison desenvolveu un procedemento que permitiu producir e distribuír a electricidade para xerar luz e sentou as bases para o desenvolvemento da industria eléctrica pesada, cun carácter monopolista e científico.
O desenvolvemento da conxelación e da técnica das conservas permitiu o transporte de produtos agrícolas a grandes distancias.
O coñecemento dos mecanismos de transmisión de enfermidades infecciosas permitiu en primeiro lugar a explotación das rexións tropicais e, en segundo lugar, unha mellora das medidas sanitarias nas poboacións xa que a ciencia médica puxo de relevo que as causas primixenias da enfermidade non se encontran nos xermes, senón nas condicións que lles permiten subsistir e propagarse.
Por último, o aceiro, os motores eléctricos e de combustión exterior comezaron a utilizarse para o desenvolvemento de maquinaria agrícola, a cal xunto cos abonos artificiais e a selección de sementes e animais sentaron as bases para o nacemento da agricultura científica, iniciándose a industrialización do sector agrícola.
Pola súa parte Henry Ford introduciu na súa propia empresa (Ford Motor Company), en 1914 a racionalización do traballo a través da produción en masa (ou tamén coñecida como liña de montaxe), o principio da participación de todo o persoal nos beneficios da empresa, e o principio de os altos salarios a fin de crear capacidade de compra.
Despois da Gran Depresión de 1929-1933, unha crise de sobreproducción, Ford percorre Norteamérica e convence ós empresarios de que apliquen os principios implantados con anterioridade na súa empresa, así mesmo, institucionaliza a loita económica de clases na negociación colectiva. Desta maneira a produción en masa se articula co mercado de masas.
O taylorismo, o fordismo e as políticas keynesianas son as grandes innovacións de carácter económico que xunto cos aportes tecnolóxicos da segunda RCT sentan as bases do capitalismo durante o século XX. Pero tamén, os acordos de carácter político (ONU, OEA), económico (GATT, Acordos de Bretton Woods, FMI, BM, BID) e militar (OTAN) sentaron as bases que regularon as relacións internacionais, en todos os niveis.
Entre 1945 e 1970 pode considerarse como a "Idade de Oro" da posguerra da Economía Norteamericana, xa que durante os vintecinco anos que durou esta tramo histórico, o salario e a produtividade aumentaron a ritmos similares.
Así a todo, a fins da década dos sesenta e principios dos setenta a "Idade de Oro" do capitalismo comeza a resentirse, pero esta vez, non se trata dunha crise de sobreproducción, como anteriormente ocorrera; agora o que existe é unha "crise de rendibilidade orixinada por un descenso do ritmo histórico do aumento da productividade."
Véxase tamén