Silverio Rivas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Silverio Rivas Alonso é un escultor galego nado en Ponteareas o 24 de novembro de 1942.
[editar] Biografía
Iniciou os seus estudos na Escola de Artes e Oficios de Vigo e continuou na de Madrid. Durante dous anos traballou no taller do escultor Francisco Barón.
En 1979 establécese en París, onde expón a súa obra, así como en Bélxica e Holanda. En 1970 acode á Bienal de Pontevedra. Expón por primeira vez en Galicia na sala Caixavigo. Participa na mostra de Arte nova de Galicia, que organiza o Museo Carlos Maside en Sada, A Coruña, realizando diversas experiencias ao longo dos anos oitenta no laboratorio deste.
As súa obras percorren España e salta a Inglaterra e Alemaña. Paricipa en importantes colectivas e en 1990 realiza unha obra de grandes dimensións para a Praza de América de Vigo, chamada Porta do Atlántico, exemplo de sinxeleza do concepto e da plasticidade, que tallou directamente en granito de Porriño.
Está representado en museos de Galicia, noutros de provincias españolas e en importantes coleccións institucionais. Silverio Rivas é un informalista que traballa indistintamente a pedra, a madeira e o bronce, aínda que é nesta última materia coa que mellor se expresa. Razonante, conceptual, os seus volumes articulados son moi suxerentes, en xogos de curvas e ángulos que adoptan diferentes morfoloxías. Sempre é iconoplasta, xeometrizante, con influenzas de Brancusi.
[editar] Bibliografía
- Gamoneda, Antonio: Silverio Rivas. A Coruña, Edit., Atlántico, 1981.
- 20 anos de arte en Pontevedra. Pontevedra, Deputación Provincial, 1989.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo, 1981.