Spyker F1
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome completo | Spyker F1 Team |
---|---|
Baseada en | Silvertone, Reino Unido |
Xefe de Equipo | Colin Kolles |
Director Técnico | Mark Gascoyne |
Pilotos | 20. Adrian Sutil 21. Christijan Albers |
Pilotos de probas | Adrián Vallés Fairuz Fauzy Giedo van der Garde Markus Winkelhock |
Chasis | Spyker F8-VII |
Motor | Ferrari 057 |
Pneumáticos | Bridgestone |
Debut | Gran Premio de Australia de 2007 |
Carreiras | 2 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Clasificación en 2006 | - |
Spyker F1 Team, Spyker F1 ou simplemente Spyker é unha escudería propiedade de Spyker Cars creada en setembro de 2006 tras mercar Midland F1. Debutará na tempada de 2007 baixo bandeira holandesa.
Con base en Silverstone, no Reino Unido, herdou as súas instalacions de Midland, que tamén as herdara de Jordan. O seu Xefe de Equipo é Colin Kolles, mentres que o Director Técnico é Mark Gascoyne.
Índice |
[editar] A compra de Midland
Os rumores de venda, que xurdiran dende poucos meses despois de que Shnaider mercara Jordan, voltaron de novo a mediados da tempada de 2006, esta vez traídos polos medios holandeses. Falábase dun precio de compra de 128 millóns de dólares[1], debido a que tralo anuncio do ingreso de Prodrive para o 2008 pecháronse tódalas posibilidades de entrada de novas escuderías na categoría, sendo 12 o número máximo de participantes por mor da configuración dos boxes dos circuítos, feitos con ese número de garaxes. Isto fixo que o precio de mercado de cada equipo aumentara.
O 10 de setembro, anunciouse oficialmente a venda da escudería a Spyker Cars[2], unha empresa holandesa fabricante de coches, pola cantidade de 106.6 millóns de dólares.
Este acordo, a falta de tres carreiras, tivo unhas consecuencias inmediatas: cambiouse a estrutura directiva do equipo, xa que aínda que Colin Kolles seguiu a se-lo Xefe de Equipo e Michael Mol pasou a se-lo Director da Sección de Fórmula 1 de Spyker, ocupando un posto directivo tanto na escudería como no fabircante de coches. Ademáis, a escudería pasou a competir baixo bandeira holandesa, o pabellón de Spyker, e os coches cambiaron a súa decoración, pasando a ser laranxa, prateada e branca. Por outra parte, xa que as normas da FIA prohíben un cambio de nome en mitade da tempada a non ser que haxa un acordo entre tódolos equipos, non foi posíble chamarlle á escudería directamente Spyker F1, senon que houbo que atopar unha solución intermedia, a introducción do nome do fabricante dos Países Baixos como patrocinador, sendo finalmente Spyker Midland F1 Racing.
O remate da tempada de 2006 traería consigo polo tanto o fin de Spyker Midland, que pasaría a renomearse como Spyker F1.
[editar] A tempada de 2007
Na tempada de 2007, o Spyker F8-VII levará motores Ferrari 057, tal e como se anunciou o 30 de setembro de 2006[3] e pneumáticos Bridgestone.
No que ó corpo directivo se refire, no Gran Premio de China de 2006 anunciouse que Collin Kolles continua como Xefe de Equipo, mentres que Michael Mol converteuse no Director de F1 de Spyker Cars, con asento na xunta directiva do fabricante holandés. Ademáis, Mike Gascoyne é o novo Director Técnico[4] dende o final da tempada dese ano.
En canto ós pilotos, están confirmados Christijan Albers[5], e aínda que Christian Klien confirmou que as negociacións coa escudería holandesa para ocupar o posto de segundo piloto titular estaban moi avanzadas[6], non remataron por cristalizar, sendo anunciado para ese posto o alemán Adrian Sutil[7]. Os probadores serán Adrián Vallés, Markus Winkelhock, Fairuz Fauzy e Giuedo Van Der Garde[8].
Precisamente a fichaxe do piloto holandés Van Der Garde como probador provocaría a unha polémica forte con Super Aguri, que incluso ameazou con iniciar accións legais pois este condutor xa tiña un contrato asinado para o 2007 coa escudería xaponesa[9]. Outra polémica a principios desta tempada foi a que existiu ó redor dos deseños dos monoprazas de Super Aguri e de Scuderia Toro Rosso, xa que Spyker acusábaos de copia-los deseños de Honda e de Red Bull Racing do ano anterior, non cumprindo así coa regulación sobre dereitos de propiedade intelectual vixente[10].
[editar] Resultados completos en Fórmula 1
(Lenda) (Os resultados en negriña indican que o piloto acadou a pole position)
Ano | Chasis | Motor | Rodas | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007 |
F8-VII | Ferrari 057 | B | AUS | MAL | BAH | ESP | MON | CAN | USA | FRA | RU | ALE | HUN | TUR | ITA | BEL | XPN | CHN | BRA | |
Adrian Sutil | 17 | Ret | |||||||||||||||||||
Christijan Albers | Ret | Ret |
[editar] Notas, fontes e referencias
- ↑ (en inglés) Outro equipo de Fórmula 1 á venda?, en manipef1.com
- ↑ (en castelán) Oficial: MF1 Racing vendido a Spyker, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Spyker asina acordo de motores con Ferrari, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Gascoyne será Director Técnico de Spyker F1, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Albers renova con Spyker para 2007, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Kilen a piques de asinar con Spyker, en f1racing.net
- ↑ (en castelán) Spyker ficha a Sutil como piloto oficial
- ↑ (en castelán) Spyker confirma a Vallés como probador
- ↑ (en castelán) Super Aguri tomará accións legais contra Spyker
- ↑ (en castelán) Spyker, preparado para denuncia-lo fraude
[editar] Ligazóns externas
- Web oficial de Spyker F1 (en inglés)
- Páxina web dos siareiros de Spyker F1 (en inglés)
- Web oficial de Spyker Cars (en inglés)
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007 | ||||||
1 McLaren - MP4-22 | 2 Renault - R27 | 3 Ferrari - F2007 | ||||
1 Fernando Alonso | 2 Lewis Hamilton | 3 Giancarlo Fisichella | 4 Heikki Kovalainen | 5 Felipe Massa | 6 Kimi Räikkönen | |
4 Honda - RA107 | 5 BMW Sauber - F1.07 | 6 Toyota - TF107 | ||||
7 Jenson Button | 8 Rubens Barrichello | 9 Nick Heidfeld | 10 Robert Kubica | 11 Ralf Schumacher | 12 Jarno Trulli | |
7 Red Bull - RB3 | 8 Williams - FW29 | 9 Toro Rosso - STR2 | ||||
14 David Coulthard | 15 Mark Webber | 16 Nico Rosberg | 17 Alex Wurz | 18 Vitantonio Liuzzi | 19 Scott Speed | |
10 Spyker - F8-VII | 11 Super Aguri - SA07 | |||||
20 Adrian Sutil | 21 Christijan Albers | 22 Takuma Sato | 23 Anthony Davidson |