Stromboli
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Stromboli é unha pequena illa do mar Tirreno, que contén un dos catro vulcáns activos de Italia. É unha das illas Eolias, un arquipélago volcánico ao norte de Sicilia. O nome provén do grego Στρογγυλη (Strongulæ), o cal foi dado debido a sua forma inchada redonda.
Stromboli tamén se refere á unha comida parecida á pizza, que se coñece tamén como calzone.
Do vulcán Stromboli salienta o tempo que leva en actividade continua (con erupcións volcánicas): desde polo menos os ultimos 2.000 anos manten o mesmo tipo de erupción, no cal ocorren explosions nos cráteres do cumio a intervalos de minutos a horas. Este tipo de erupcion lene chamase actividade Stromboliana, sexa cal sexa o vulcán do que se trate.
As continuas mais lenes explosions son de cando en vez seguidas por mais longas, que chegan a xerar terramotos, fluxo piroclástico e ainda tsunamis. Grandes erupcions ocorren a intervalos de décadas, o mais recente no 2002, causando o peche da illa non-residentes durante varios meses.
Stromboli está aproximadamente a 900m de alto por riba do nivel do mar, mais en total sobe 2,000m desde o fundo do mar. Hai tres crateres activos no cumio.