Mar Tirreno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mar Tirreno é a parte do Mar Mediterráneo que baña o oeste da costa italiana. Colle o seu nome do antigo pobo dos Tirrenos, máis coñecido como Etruscos.
Limita ó oeste con Córsega e Sardeña, ó norte coa rexión italiana de Liguria, ó leste (en liña NO-SE) coas rexións de Toscana, Lacio, Campania e Calabria, e ó sur con Sicilia. Está unido a / separado do Mar Xónico polo estreito de Mesina, entre Sicilia e Calabria.
A profundidade máxima é de 3785 metros.
Está situado preto da 'Falla Africano-Europea'; Por eso, as montañas nas illas e no fondo desenvolven volcáns activos (Monte Marsilii). Os ventos predominantes son Mistral, procedente do val do Ródano, Libeccio do sudoeste, e Siroco (Scirocco) e Ostro dende o sur.