Tácito, Historiador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Publio Cornelio Tácito (55 - 120), historiador romano, foi un senador, cónsul e gobernador romano.
[editar] Vida
A maioría das referencias sobre a súa vida proveñen da correspondencia que mantivo con Plinio o Xove e das súas propias obras.
Casou cunha das fillas de Cneo Xulio Agrícola polo que se supón que pertencía a unha familia rica.
[editar] Obras
- Diálogo dos oradores. Esta obra data do ano 81 aproximadamente e nela trátase o tema da educación romana e a oratoria.
- Agrícola. Biografía sobre o seu sogro Cneo Xulio Agrícola.
- Xermania. Monografía sobre a etnografía de Xermania.
- Historias. Constaba de catorce libros e comprendía o período desde a morte de Nerón ata a morte de Domiciano.
- Anais. Se cadra esta é a obra máis coñecida para os cristiáns xa que nela aparecen mencionados.
[editar] Bibliografía
- Anales del Imperio Romano. Grupo Axel Springer, S.L. ISBN 84-7291-958-7
- Agrícola. Germania. Diálogo sobre los oradores. Editorial Gredos, S.A. ISBN 84-249-0067-7
- Historias. Ediciones Akal, S.A. ISBN 84-7600-453-2
- Tácito: Obras menores. Librería y Casa Editorial Hernando, S.A. ISBN 84-7155-055-5
- Vida de Julio Agrícola ; Germania ; Diálogo de los oradores. Ediciones Akal, S.A. ISBN 84-460-1025-9