Talio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O talio é un elemento químico da tabla periódica de símbolo Tl e número atómico 81. Este metal do bloque p gris, brando e maleable é semellante ao estaño, pero decolórase exposto ao aire. É moi tóxico e empregouse como rodenticida e insecticida, pero este uso disminuíu ou eliminouse en moitos países debido aos seus efectos canceríxenos. Tamén se emprega en detectores infravermellos.