UCI ProTour
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A UCI ProTour é un sistema de competición dirixido pola Unión Ciclista Internacional (UCI) e creado polo ex-presidente da devandita asociación, Hein Verbruggen. Está composto por unha serie de carreiras de bicicleta en estrada e un número de equipos ciclistas, cada un dos cales debe competir en tódalas carreiras do sistema. O 2005 foi o primeiro ano no que tivo validez.
Índice |
[editar] Creación
A Uci ProTour xurdiu nunha clara imitación do modelo da Fórmula 1. Antes da súa existencia, cada carreira invitaba libremente ós equipos que desexaba e cada equipo acudía ás carreiras que escollías. Isto tiña tanto inconvenientes como vantaxes:
- As tres grandes Voltas (Tour de Francia, Giro de Italia e Volta a España) tiñan a posiblidade de invitar a equipos pequenos do seu país para promocionalos e darlles máis importancia no ciclismo internacional.
- As carreiras de mediana importancia víanse prexudicadas, porque moitos grandes equipos non acudían a elas.
- Os equipos pequenos podían verse invitados a acontecementos ciclistas importantes.
- Os equipos grandes podían acudir ás carreiras que desexaban e reservar a moitos dos seus corredores para as máis importantes. Pero adoitaban ter problemas de financiamento, e os patrocinadores non permanecían moito tempo xa que non obtiñan o rendemento económico que desexaban.
Para intentar solucionar estes problemas, Hein Verbruggen creou, fronte á oposición das grandes carreiras e dos equipos pequenos, o coñecido como UCI ProTour.
[editar] Vantaxes e desvantaxes
O UCI ProTour foi longamente criticado debido a que deixaba ós equipos pequenos (que non estaban integrados no sistema) á marxe dos acontecementos deportivos importantes. Desa forma, estes equipos só poden acudir a carreiras pequenas que lles proporcionan poucos rendementos económicos e esperar unha das escasas invitacións das Voltas máis grandes para poder adquirir algo de importancia.
Ademais, as Voltas máis grandes vían que, co UCI ProTour, a súa capacidade de decisión reducíase. Os únicos criterios de competición que pasaban a ser válidos eran os da UCI e, a raíz diso, carreiras coma o Tour de Francia incumpriron en numerosas ocasións as normativas da UCI ProTour.
A controversia relativa a este tema continúa: a UCI vese imposibilitada a tomar sancións contra carreiras coma o Tour (os organizadores da cal teñen case maior capacidade de decisión que a UCI mesma) e os equipos pequenos plantexan continuas queixas.
[editar] Equipos aceptados na UCI ProTour
Código | Equipo | País | Sitio web |
---|---|---|---|
AGR | AG2R Prévoyance | Francia | [1] |
BTL | Bouygues Télécom | Francia | [2] |
CEI | Caisse d'Epargne-Illes Balears | España | [3] |
COF | Cofidis | Francia | [4] |
CRE | Crédit Agricole | Francia | [5] |
CSC | Team CSC | Dinamarca | [6] |
DSC | Discovery Channel | Estados Unidos de América | [7] |
DVL | Davitamon-Lotto | Bélxica | [8] |
EUS | Euskaltel-Euskadi | España | [9] |
FDJ | Française des Jeux | Francia | [10] |
GST | Team Gerolsteiner | Alemaña | [11] |
LAM | Lampre-Fondital | Italia | [12] |
LIQ | Liquigas-Bianchi | Italia | [13] |
LSW | Astana-Würth | España | [14] |
MRM | Team Milram | Italia | [15] |
PHO | Phonak | Suíza | [16] |
QSI | Quick Step-Innergetic | Bélxica | [17] |
RAB | Rabobank | Países Baixos | [18] |
SDV | Saunier Duval - Prodir | España | [19] |
TMO | T-Mobile Team | Alemaña | [20] |
[editar] Baremo de puntuación
[editar] Clasificación Individual
Tour
de Francia |
Volta
a España |
Milán-San Remo Tour de Flandes Outras probas |
Outras
probas |
Campionatos do |
|
Clasificación Final da |
|||||
1 |
100 |
85 |
50 |
40 |
50 |
2 |
75 |
65 |
40 |
30 |
40 |
3 |
60 |
50 |
35 |
25 |
35 |
4 |
55 |
45 |
30 |
20 |
|
5 |
50 |
40 |
25 |
15 |
|
6 |
45 |
35 |
20 |
11 |
|
7 |
40 |
30 |
15 |
7 |
|
8 |
35 |
26 |
10 |
5 |
|
9 |
30 |
22 |
5 |
3 |
|
10 |
25 |
19 |
1 |
1 |
|
11 |
20 |
16 |
|||
12 |
15 |
13 |
|||
13 |
12 |
11 |
|||
14 |
9 |
9 |
|||
15 |
7 |
7 |
|||
16 |
5 |
5 |
|||
17 |
4 |
4 |
|||
18 |
3 |
3 |
|||
19 |
2 |
2 |
|||
20 |
1 |
1 |
|||
Etapas |
|||||
1 |
3 |
3 |
1 |
||
2 |
2 |
2 |
|||
3 |
1 |
1 |
Os puntos gañados nas etapas serán sumados o último día da proba.
A proba contrarreloxo por equipos non dá puntos.
Os puntos que correspondan ás plazas obtidas por corredores que non pertencen a equipos UCI ProTour non serán contados.
O líder da clasificación UCI ProTour levará un maillot branco que o identificará.
[editar] Clasificación por equipos
Clasificación do equipo na proba |
Puntos |
1 |
20 |
2 |
19 |
3 |
18 |
4 |
17 |
5 |
16 |
6 |
15 |
7 |
14 |
8 |
13 |
9 |
12 |
10 |
11 |
11 |
10 |
12 |
9 |
13 |
8 |
14 |
7 |
15 |
6 |
16 |
5 |
17 |
4 |
18 |
3 |
19 |
2 |
20 |
1 |
Os puntos obtidos por equipos que non pertenzan ó UCI ProTour non son atribuíbles.
[editar] Clasificación por Países
A clasificación por países ten en conta os puntos obtidos polos 5 primeiros corredores de cada país na clasificación individual.
As clasificacións individuais, por equipos e por países serán actualizadas ó final de cada proba do UCI ProTour.