Víctor Casas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Víctor Casas Rey (A Coruña, 31 de xullo de 1900 - Poio, 12 de novembro de 1936) foi un xornalista e político galego que desenvolveu a súa actividade en Galicia.
En 1916 ingresou na Irmandade da Fala de A Coruña. Tras abandonar o seu emprego como viaxante vendedor de calzado, en 1918 participou na I Asemblea Nazonalista de Lugo, da que saíu o «Manifiesto Nazonalista», que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil, e combatiu a ditadura de Primo de Rivera. Cabo de Federico Zamora recorreu o país para levar a mensaxe do nacionalismo galego.
Activo colaborador das Irmandades da Fala, e director de A Nosa Terra desde 1922, foi un dos impulsores da ORGA, participando nas reunións constituíntes do partido durante setembro de 1929. Aceptou o Pacto de Lestrove (26 de marzo de 1930), pero non o Compromiso de Barrantes (25 de setembro de 1930) organizado polo Partido Autonomista Galego, e asinado por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Florentino López Cuevillas, Paz Andrade e Portela Valladares.
Non embargantes, desencantado coa ORGA, pola súa deriva estatalista, participou, en 1931 na fundación do Partido Galeguista, do que foi presidente na provincia de Pontevedra e da Coruña. Partidario da alianza na Frente Popular, tralo intento de golpe de Estado que deu lugar á Guerra Civil, foi detido, condeado por un Consello de Guerra e fusilado polas tropas franquistas no monte de A Careira, en Poio, a catro quilómetros de Pontevedra, xunto a outros dez republicanos.