New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Nacionalismo galego - Wikipedia

Nacionalismo galego

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sinal fronteirizo na cidade portuguesa de Valença do Minho coa pintada Espanha não é Galiza.
Sinal fronteirizo na cidade portuguesa de Valença do Minho coa pintada Espanha não é Galiza.

O Nacionalismo galego é unha corrente eminentemente social (coas súas dimensións cultural e política) que propón o recoñecemento de Galiza como nación.

Índice

[editar] Ideoloxía

Dentro do nacionalismo galego podemos atopar dúas correntes ideolóxicas principais:

  • Unha, a maioritaria que avoga por unha ampla autonomía, ou pola transformación de España nun estado federal ou confederal.
  • Outra, a da esquerda independentista, que aposta pola ruptura co estado español e co modelo de sociedade capitalista.

Estas dúas correntes, nembargantes, teñen puntos en común como son a defensa da lingua (defendendo algúns o reintegracionismo) e cultura galega, o recoñecemento de Galicia como nación e a defensa da integración dos concellos galegofalantes de Asturias e Castela e León na Comunidade Autónoma Galega. Por outra parte cabe resaltar o feito de que, ó contrario co que sucede no País Vasco e Cataluña, en Galicia predomina o nacionalismo de esquerdas, dende posicións que van dende a esquerda radical (Primeira Linha) ata posicións moderadas de centro-esquerda (BNG).

[editar] Historia

O nacemento do nacionalismo galego propiamente dito dase coas Irmandades da Fala, pero antes houbo outros tres movementos sen os cales non é doado imaxinar a existencia do nacionalismo galego. O galeguismo nacionalista coñecerá o seu completo desenvolvemento coa creación do Partido Galeguista en 1931. Hoxe en día, o nacionalismo galego é unha corrente de pensamento que conta cada día con máis adeptos.

[editar] Orixes

Afírmase que unha certa tendencia nacionalista existiu sempre na conciencia do pobo galego. Dende os albores da civilización, Galicia ten sido unha rexión moi reacia á asimilación política ou cultural por parte doutros pobos. Foron os galegos, xunto a astures e cántabros os derradeiros obstáculos ós que Roma tivo que enfrontarse para a "pacificación" total de Hispania.

Durante a Idade Media, Galicia coñeceu un período de independencia, pero foi asimilada pola Coroa de Castela como consecuencia da política de casamentos que desmembrou e volveu a unir a península durante os séculos XI ata o XIV. A insostenible situación do campesiñado desembocou nas Revoltas Irmandiñas, revolución de corte popular sofocada violentamente e sen contemplacións polos Reis Católicos e que colgou o xugo castelán ós galegos.

Os anos escuros de Galicia comezaron e o galego e a conciencia de nación sobreviviu nas aldeas, mentres as clases altas e a burguesía adoptaron, maioritariamente, o castelán como elemento diferenciador social.

[editar] Os precursores

Dentro dos precursores podemos sinalar tres movementos:

[editar] O Provincialismo

  • Vexa o artigo principal Provincialismo galego

O provincialismo é un movemento que nace en 1840 para defender a integridade do territorio de Galicia. Esta integridade víase ameazada por mor dun proxecto de división do estado en provincias que se comezara a elaborar trala morte de Fernando VII. Os provincialistas querían que Galicia fose unha soa provincia e que non fose dividida nas catro que hoxe coñecemos.
Hai dúas etapas no movemento provincialista: unha que vai de 1840 a 1846 e outra que vai de 1854 a 1865. A primeira etapa caracterízase por ser un período moi activo cultural e políticamente. É neste período cando os provincialistas súmanse ó pronunciamento do comandante Miguel Solís, que acabará co fusilamento dos Mártires de Carral. O segundo provincialismo é básicamente cultural, e é con el cando se produce o Rexurdimento literario de Galiza.

[editar] O federalismo

A partir de 1865, e ata 1875, desenvólvese o federalismo galego, que acadará o seu cumio coa Primeira República Española. Os federalistas propugnaban que Galicia ficase como un cantón dentro do estado español e que fose rexida pola súa propia Constitución cantonal. Esta etapa, non obstante non é demasiado importante e non perviviu de ningún xeito.

[editar] O rexionalismo

  • Vexa o artigo principal Rexionalismo galego

Este período dura entre 1875 e 1907 (aprox), ainda que hoxe en día hai políticos que seguen a mantelo. Neste período dase unha reestructuración cultural e ideolóxica, na que sectores tradicionalistas e conservadores adoptan as ideas galeguistas. O seu acontecemento destacado é a fundación da Asociación Regionalista Gallega, e terá como líderes principais a Manuel Murguía e Alfredo Brañas. Remata coa fundación da Real Academia Galega e o paso ás Irmandades da Fala.

[editar] Nacemento

O ideario galeguista que xurdira co provincialismo e que desenvolverase con rexionalismoé recollido no século XX polas Irmandades da Fala, asociación de corte sociocultural fundada en 1916 e pola que pasaron galeguistas como Antón Vilar Ponte, Vicente Risco e Ramón Cabanillas. Podemos situar o comezo do nacionalismo galego propiamente dito na asemblea que as Irmandades celebran en Lugo en 1918, na que maniféstase:

Tendo Galicia todas as características esenciais de nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.

Nesta Iª Asemblea conclúese reivindicar unha autonomía total para Galicia, cara a unha federación de nacións da península; a cooficialidade do galego e do castelán en Galicia e un posto para Galicia na Sociedade de Nacións.

[editar] Evolución

En 1922 celébrase en Monforte outra Asemblea das Irmandades da Fala. Alí manifestáronse as diferenzas entre as dúas correntes dentro da organización: a que propuñaba maior participación na política e a que defendía continuar na liña cultural. Decantándose a favor da segunda, iníciase unha etapa de corte cultural na que ten moita importancia o Grupo Nós. Fúndase nesta época o Seminario de Estudos Galegos. A ditadura de Primo de Rivera supuxo un parón de 6 anos na actividade política dos grupos galeguistas.

En 1929 nace a ORGA de Santiago Casares Quiroga, unha organización galega de corte autonomista, republicano e de esquerdas.

En 1931 nace o Partido Galeguista, en realidade unión de varios grupos nacionalistas tanto de esquerdas como de dereitas, que fai seu o programa das Irmandades. Estivo liderado por Castelao e Aleixandre Bóveda. O PG tivo un éxito notable: en catro anos pasou de 700 a 6,000 afiliados, de ter 30 grupos locais a 150, e de 54,000 a 300,000 votos. O seu obxectivo final era a creación dunha república federal cun estado galego federado. Porén, a súa meta inmediata foi a consecución dun Estatuto de Autonomía para Galicia.

O PG, en principio un partido aglutinante, debeu aliarse coa Fronte Popular, debido á postura antiautonomista dos grupos da dereita española. Este feito provoca dúas escisións: Dereita Galeguista de Pontevedra (Xosé Filgueira) e Dereita Galeguista de Ourense (Vicente Risco). Estas escisións serán moi criticadas por Castelao.

Co triunfo das esquerdas nas eleccións de 1936, celébrase o 28 de xuño un referendo sobre o estatuto de autonomía. Votou o 74,52% da poboación e un 99,05% deste pronunciouse afirmativamente. Tras isto, viaxou a Madrid unha comisión de deputados de Galicia para presentarlle ás cortes o estatuto. Porén, a sublevación militar do 18 de xullo e a ocupación de Galicia polo bando sublevado fixo inviable a aplicación de dito estatuto.

Durante a Ditadura de Francisco Franco todo o movemento relacionado co nacionalismo e a lingua galega foi duramente reprimido. Nace en 1963 o Partido Socialista Galego, promovido por Ramón Piñeiro, que nunca militará nel. O PSG limítase á actividade cultural e de formación dos seus membros para evitar atraer sobre sí a atención do estado. En 1963 tamén fúndase a Unión do Pobo Galego, inicialmente unha fronte patriótica, que en 1966 transfórmase en partido, tomanto unha orientación comunista. En 1971 crea os Comités de Axuda á Loita Labrega (antecedente das Comisións Labregas), e en 1973 crea Estudiantes Revolucionarios Galegos.

Coa chegada da democracia, entre os galeguistas téntase resucitar o galeguismo de centro. En 1975 aparecen Unión Democrática e Esquerda Democrática, que se xuntan no Parido Popular Galego. En 1978 refúndase o Partido Galeguista.

No centro esquerda aparece o Partido Galego Social-Demócrata en 1974, ó que cómpre sumar o Partido Socialista Galego citado anteriormente. A esquerda segue a estar representada principalmente pola UPG.

En 1976, por proposta da UPG, crease o Consello de Forzas Políticas Galegas, do que forman parte a UPG, PSG, PGSD e os carlistas e o Movemento Comunista de Galicia.

Galicia obtén o seu Estatuto de Autonomía o 6 de abril de 1981, quedando definida como nacionalidade histórica, ó nivel de Cataluña e País Vasco.

[editar] Actualidade

O único partido actual con presenza no Parlamento Galego que se define como nacionalista é o Bloque Nacionalista Galego, posicionado nunha esquerda moderada, con Anxo Quintana á testa. Este coñeceu un considerable aumento dos votos nos anos recentes, chegando incluso a ser, con Xosé Manuel Beiras, a segunda forza política de Galicia, por diante do Partido Socialista de Galicia. Coñeceu, non obstante, un descenso de votos nas eleccións galegas do 2005, pasando a ser a terceira forza política. Na opción de centro preséntase o recentemente refundado Partido Galeguista, que aínda non se ten presentado ás eleccións; e na liña independentista os partidos con máis forza son a Frente Popular Galega e Nós-Unidade Popular.

O nacionalismo galego ten experimentado un notable crecemento nos anos recentes, pasando o voto nacionalista dun 9% a máis dun 13%. Apareceron moitas organizacións xuvenís que apoian o independentismo galego, e, malia seren moi numerosas, carecen de éxito e poder político real. Entre estas, a máis forte é a Frente Popular Galega. Pola súa banda, Nós-Unidade Popular ten organizado campañas para o retiro dos restos da simboloxía do réxime franquista que aínda quedan en Galicia.

O nacionalismo galego acadou un fito histórico tralas eleccións autonómicas do 2005. Por primeira vez, malia ter experimentado un descenso dos votos, un partido nacionalista galego, o BNG, logrou formar parte do goberno, ocupando o seu dirixente Anxo Quintana o cargo de Vicepresidente da Xunta de Galicia. Nesta lexislatura apróbanse importantes proxectos para o galeguismo, como son a creación dunha rede de galescolas ou a completa reactivación da selección galega de fútbol, que pasou polo seu "bautismo de lume" nun partido amistoso contra a selección de Uruguai o sábado 29 de decembro de 2005, sendo o resultado 3 - 2 a prol de Galicia.

Coa reforma de Estatuto de Autonomía, os nacionalistas tentan introducir no estatuto unha mención a Galicia como nación. O PSdeG avogou pola introdución do termo "nación de Breogán". Aínda así é difícil que sexa incluído debido ó desexo do presidente Emilio Pérez Touriño de acadar o consenso con o PP.

[editar] Partidos políticos e organizacións nacionalistas

  • Bloque Nacionalista Galego: partido de corte socialdemócrata, hoxe en día a única forza que se di nacionalista galega con presenza no Parlamento Galego, onde ten 19 escanos. Conta cuns 12,000 militantes. Foi fundado o 26 de setembro de 1982 coa unión de varias forzas políticas nacionalistas. O seu candidato á presidencia de Galicia é actualmente Anxo Quintana. Dentro del conviven varios partidos nacionalistas:
  • Partido Galeguista: partido de centro que se autodefine como herdeiro do Partido Galeguista de 1931 constituído no ano 2004 con Manuel Soto como secretario xeral e Xabier González como presidente. Autodefínense como a opción política galeguista e dos galeguistas, é dicir: nacionalista, democrática, liberal e europeísta.
  • Frente Popular Galega: organización situada ideoloxicamente no socialismo e no independentismo. Formado en 1987 polo PCLN e Galiza Ceive-OLN xunto con outras organizacións menores de carácter local como os Colectivos Nacionalistas de Trasancos e Vigo, Grupos Independentistas Galegos de Compostela e o colectivo Iskeiro de Ferrol. A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización. Os seus persoeiros máis destacados son Xosé Luís Méndez Ferrín e Mariano Abalo (portavoz nacional),
  • Nós-Unidade Popular: posiciónase nos parámetros da esquerda independentista, revolucionaria, antipatriarcal e defensora do galego como lingua nacional da Galiza, defendendo a unidade lingüística galego-portuguesa (reintegracionismo). O seu lider é Carlos Morais.
    • Primeira Linha: organización comunista integrada no Movimento de Libertaçom Nacional Galego. Apoia a independencia de Galicia, considerando esta como a actual Comunidade Autónoma de Galicia máis a Terras do Eo-Navia, o Val do Íbias e as rexións do Bierzo e Seabra.
    • Assembleia da Mocidade Independetista:
  • Terra Galega: coalición de centro nacionalista que se formou o 4 de novembro de 2005. Fórmanna o Centro Democrático Independiente (CDI), Iniciativa Galega, Coalición Galega, Unidade por Narón e algunhas outras pequenas forzas locais que suman 4 alcaldes e 64 concelleiros en 32 concellos galegos.

[editar] Vexa tamén

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu