Valor esperado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En estatística o valor esperado ou esperanza matemática (ou simplemente esperanza) de unha variable aleatoria é a suma da probabilidade de cada suceso multiplicado polo seu valor. Por exemplo nun xogo de azar o valor esperado é o beneficio medio.
Se tódolos sucesos son de igual probabilidade a esperanza é a media aritmética.
[editar] Definición
Para unha variable aleatoria discreta con valores posibles e as suas posibilidades representadas pola función de masa p(xi) a esperanza calcúlase con
Para unha variable aleatoria continua a esperanza calcúlase mediante a integral de tódolos valores e a función de densidade f(x):
As esperanzas E[Xk] para k = 0,1,2... chámanse momentos de orde k. Máis importantes son os momentos centrados E[(X − E[X])k].
Non tódalas variables aleatorias teñen un valor esperado (por exemplo a distribución de Cauchy).
O valor esperado é unha función lineal. Por iso
- E[aX + b] = aE[X] + b