Veleno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un veleno é calquera sustancia tóxica, xa sexa sólida, líquida ou gaseosa, que pode producir unha enfermidade, lesión, ou que altera as funcións do organismo cando entra en contacto cun ser vivo, ata provocando a morte.
Os velenos son sustancias que bloquean ou inhiben unha reacción química, uníndose a un catalizador ou enzima máis fortemente que o reactivo normal. Esta definición descarta fenómenos físicos como o calor, a radiación, a presión, etc., que tamén poden provocar lesións nos organismos.
Segundo Theophrastus Bombastus von Hohenheim, chamado Paracelso: Alle Dinge sind ein Gift und nichts ist ohne Gift. Allein die Dose macht, dáß ein Ding kein Gift ist. ("Todo é veleno, nada é sen veleno. Só a dose fai o veleno").
Segundo a observación de Paracelso, todas as sustancias son tóxicas a doses altas, como o auga, o osíxeno e as vitaminas. Os velenos son sustancias nocivas a doses ou concentracións moi baixas.
A diferenza entre un veleno e un fármaco é a dose administrada ou acumulada no corpo, pero xeralmente un veleno é mortal a unha determinada dose e sen ningunha función terapéutica.
Os velenos poden ter unha orixe:
- Mineral: Como o arsénico, o mercurio.
- Vexetal: Como algunhas "plantas velenosas". A maioría das plantas medicinais conteñen sustancias tóxicas que son velenos a determinadas concentracións, por exemplo, a cicuta.
- Animal: Como o veleno das serpes, das abellas.
- Artificial: Coma moitas das sustancias sintetizadas polo home na industria.
A ciencia encargada dos estudos de velenos ou sustancias tóxicas chámase toxicoloxía.
[editar] Véxase tamén
- Droga
- Fármaco
- Homeopatía
- Sustancias tóxicas vexetais
- Toxina
- Dose letal
- Animais venenosos