Vladimir Putin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vladimir Vladimirovich Putin (Владимир Владимирович Путин) é un político ruso e o actual presidente de Rusia.
[editar] Inicios coma funcionario
Putin naceu en Leningrado (actual San Petersburgo) o 7 de outubro de 1952. Despois de rematar brillantemente os seus estudos de Dereito na universidade da súa cidade natal, entra no KGB, onde é delegado na dirección principal encargada de asuntos exteriores. De 1985 a 1990 traballa en Dresde na unidade de investigación política e militar. Tras o desmantelamento das oficinas do KGB en Dresde en 1989 retorna a Leningrado en 1990. Durante algún meses atópase sen traballo, polo que contempla a idea de ser conductor de taxi.
Finalmente é nomeado adxunto do reitor da Universidade de Leningrado, onde se ocupa das relacións internacionais. Despois traballa coma conselleiro do alcalde. A partir de xuño de 1991, convértese en presidente do comité de relacións exteriores da cidade, agora chamada San Petersburgo. O seu papel consiste principalmente en achegar inversores e desenvolver a colaboración cos socios estranxeiros.
[editar] Despois do KGB
É soamente o 20 de agosto de 1991 durante o putsch de Moscova, que Putin renuncia oficialmente ó KGB. De 1994 a 1996 é premier adxunto do alcalde Anatolo Sobtchak (mestre seu na facultade de dereito) renunciando ó seu cargo tras a derrota do seu mentor.
En agosto de 1996 é nomeado adxunto do director dos asuntos exteriores do presidente Boris Yeltsin. A partir de marzo de 1997, é un dos adxuntos do xefe da administración presidencial .
En xullo de 1998 é nomeado director do FSB (Servicio Federal de Seguridade) que sucede ó KGB.
En 1999 comeza o seu fulgurante ascenso. En agosto é nomeado primer ministro de Yeltsin, que decide facelo o seu sucesor. A comezos de setembro, en reacción a ataques terroristas chechenos, Putin ordea o reinicio das hostilidades con Chechenia. É o comezo da segunda guerra chechena, que o convirte no político máis popular de Rusia.
O 31 de decembro de 1999, tras a renuncia do presidente Boris Yeltsin, Putin convértese en presidente interino. O 26 de marzo de 2000, nas eleccións presidencias adiantadas, Putin é elexido presidente da Federación Rusa na primeira volta co 53% dos votos. Inicia as súas funcións o 7 de maio.
A súa administración desenvolveu unha política de acercamento a Europa, en particular a Francia e Alemaña.