Volkswagen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Volkswagen é un fabricante de automóbiles bávaro, é o maior de Europa. Ten a sua sede central na cidade de Wolfsburg (Alemaña). A palabra 'Volkswagen' significa en alemán «automóbil do pobo». Pertence ó Grupo Volkswagen.
Índice |
[editar] Fundación
A orixen da empresa foi na década de 1930 na Alemaña nazi, e foi creada para proxectar e construir un vehículo que sería coñecido en Galiza coma "escarabello" (en alemán, Käfer) e que debía, según o desexo de Adolf Hitler, ser barato, para que calquera traballador puidese compralo. O enxeñeiro encargado do proxeto foi Ferdinand Porsche (1875-1952) a pesar de que gran parte do seu deseño inspirouse nos automóbiles da Tatra, creados por Hans Ledwinka.
Unhas 336 000 persoas pagaron polo modelo e prototipos do carro, chamados en alemán Kdf-Wagen (KDF significava Kraft durch Freude = forza con ledicia) que apareceran no 1936. O carro xa posuía as curvas características do seu formato e o motor arrefriado con aire de 4 cilindros, montado na traseira.
A nova fábrica - implantada nunha cidade desenvolvida para abrigala, e que foi bautizada coma KDF-Stadt - que tan só fabricara unhas poucas unidades, cando comezou a Segunda Guerra Mundial no 1939. Como consecuencia da guerra, a súa producción foi adaptada para vehículos militares, coma o jeep Kübelwagen e o modelo anfibio Schwimmwagen.
[editar] 1945: un futuro incerto
A empresa debe a súa existencia na posguerra ao maior británico Ivan Hirst. En abril de 1945 a KdF-Stadt e súa fábrica fortemente bombardeada foran capturadas polos estadounidenses e pasaran á administración británica. A primeira idea foi usala para facer manutención de vehículos militares pesados e como parte da reparación de guerra. Hirst pintou de verde un dos carros da fábrica e o apresentou en instalacións militares británicas. Dispondo de poucos vehículos leves de transporte, o exército británico foi persuadido a comprar 20 mil unidades en setembro de 1945. As primeiras unidades foran para as forzas de ocupación e para o correio alemán.
En 1946 a fábrica xa producía 1000 carros por mes, unha cantidade notábel, pois a fábrica ainda non tiña sido concertada: a choiva interrompía a producción por falta de vidros nas fiestras e por furos nas tellas. O aceiro para facer automóbiles era pagado coa producción de vehículos.
O carro e a cidade mudaron os seus nomes dados por Hitler para, respectivamente, Volkswagen e Wolfsburg. Mentres tanto, crecía a producción. A fábrica foi ofrecida a industriais británicos, estadounidenses e franceses, pero ningún se interesou.
[editar] 1948 a 1974: a recuperación alemana
Depois do 1948, a Volkswagen tornouse un importante elemento simbólico e económico da recuperación da Alemaña Occidental. Heinrich Nordhoff (1899-1968), ex-xerente da montadora Opel, tornouse dirixente da Volkswagen naquel ano. O 1949, o inglés Hirst deixou a empresa, agora reorganizada como un monopólio controlado polo goberno alemán occidental. Neste ano, foran creados o vehículo comercial "VW tipo 2" (coñecido como Kombi, en versións para pasaxeiros, camioneta e van) e o esportivo Karmann Ghia. Nordhoff seguiu a política de modelo único ata pouco antes de súa morte, o 1968.
A producción do "WW tipo 1" (en alemán, Käfer; nos Estados Unidos e noutros países de língua inglesa, Bug ou Beetle; en Portugal, Carocha; en Galiza, "Escarabello"), creceu moito co pasar dos anos, atingindo 1 millón de vehículos o ano 1954. Durante a década de 1960, a súa reputación de confiábel (non quebrava facilmente) e a súa publicidade axudaron á expansión do modelo polo mundo, superando, o ano 1973, a producción histórica do Modelo T da Ford, atinxindo 16 millóns de unidades.
A Volkswagen expandiu a súa liña de productos o 1967 coa introducción de modelos chamados "tipo 3" e depois os "tipo 4" que entretanto non fixeran suceso, a pesar dos avances tecnolóxicos, como transmisión automática, inxeción de combustíbel e carrocería monobloco.
[editar] Do Escarabello ao GOLF
En fins dos anos 60, a Volkswagen afrontou problemas, co insuceso dos "tipo 3" e "tipo 4", e tamén co K70, baseado en modelo da montadora NSU. A empresa sabía que a producción do "Käfer" iría terminar nalgún momento, pero o enigma sobre como substituílo transformárase nun pesadelo. A chave para o problema foi a compra, en 1964 da Audi/Auto-Union, a cal posuía know-how sobre tracción dianteira e motores arrefriados con auga, que a Volks necesitava para producir un sucesor para o "tipo 1". A influencia da Audi abriu camiño para unha nova xeración de Volkswagens: Polo, Golf e Passat.
A producción do Käfer en Wolfsburg rematou no 1974, sendo substituído polo Golf. Este era un vehículo totalmente diferente, tanto na mecánica como no deseño, de seu antecesor. As súas liñas rectas foran deseñadas polo proxetista italiano Giorgetto Giugiaro. Xa o "Käfer" continuou a ser fabricado no México, no Brasil ata 1986 (depois novamente entre 1993 e 1996), e en fábricas alemanas máis pequenas ata 1978. Ata o fin de súa producción no México en 2003, o Escarabello (Käfer) atinxiu 21.529.464 unidades producidas en todo o mundo.
[editar] Modelos actuais
- Lupo
- Polo
- Golf
- Bora
- New Beetle
- Passat
- Phaeton
- Touran
- Touareg
[editar] Modelos que xa non se fabrican
- Beetle (Escarabello)
- Variant
- Jetta
- Vento
- Santana
- Scirocco
- Corrado