Wikipedia:Votacións para borrar/Vítor Manuel Lourenço Peres
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A análise da proposta de eliminación xa foi pechada. Por favor non faga edicións neste arquivo.
[editar] Vítor Manuel Lourenço Peres
Feito unhos texteos sobre da biografía deste persoaxe, achome cos seguintes puntos:
1º) Biografia non actualizada, carece de datos como a data de nacemento e o lugar. Na páxina de orixe si figuran alguns deles. Aprol de que nalgunhas paxinas alternativas figura con outros datos biografícos como (Administrativo - Director do Portal Galego da Língua, Ourense) que non se citan no artigo da galipedia.
2º) A foto promociona o sitio (igual que algunha ligazons do artigo). No apartado da foto non existe un © que nos dee a exclusividade de cesion do autor da mesma (polo que viola a normas de lei fotografía da wiki).
3º) Consultando outros apartados da paxina de orixe atópase o seguinte texto: "Copyright © 2002, 2004, PGL. É permitida a reproduçom total ou parcial do conteúdo do PGL sempre que se citar a fonte. As notícias assinadas e comentários som responsabilidade dos seus autores.". Isto quere dicir que os datos contidos na páxina (artigos, fotos, biografias, etc.) poden perseguir a vanidade persoal por promorcionarse a través da rede, polo que incumple outra das normas da galipedia.
4º) Lanzado algúns avisos o autor/traductor que expuso este artigo na galipedia, achámonos que o que fai é borrar os mesmo co argumento persoal de favorece-la dinamización de acceso a mesma. Ante isto a galipedia ten unha das propostas xa aprovadas dende fai tempo na que consiste que as discusións das citadas páxinas (o mesmo que as dos apartados da taberna) son gardadas coma historiais das mesmas, co fin de poder seguir a conversa.
Votacions para borrar:
A favor:
- --Xelo2004
(Se non estás dacordo, dimo) 23:02, 22 outubro 2006 (UTC)
Concordo--Lmbuga Commons - Galipedia 06:45, 23 outubro 2006 (UTC)
Borrar --Prevert(talk) 19:31, 25 outubro 2006 (UTC) Hai varios aspectos que se poden considerar para decidir borrar este artigo, pero un deles xa é definitivo. O mesmo que coas imaxes que teñen copyright os textos con copyright deben ser borrados inmediatamente.
Borrar Despois de ler a biografía parece que o máis importante que fixo é ser director dun sitio web, non creo que iso sexa relevante para estar nunha enciclopedia, asemade ser funcionario da facenda, colaborador dunha determinada páxina web, websmater, etc. son desde o punto de vista enciclopédico irrelevantes desde o meu punto de vista.--Miñato 16:54, 26 outubro 2006 (UTC)
En contra:
Discordo --PortoFaládeme aquí 16:08, 23 outubro 2006 (UTC) Pódense suprimir as cousas que non sexan válidas, mais NON suprimir o artigo.
Discordo --AlberteSi, digame? 16:47, 23 outubro 2006 (UTC)
Comentarios:
- Definitivo? Cito dos termos de uso legal do PGL: "É permitida a reproduçom total ou parcial do conteúdo do PGL sempre que se citar a fonte". Citando o PGL entre as fontes do artigo (como sucede noutros artigos da Galipedia) não vejo problema.--Gerardinho2000 16:30, 26 outubro 2006 (UTC)
-
- Nunha resposta a outra das túas mensaxes xa expliquei que a licenza non é compatible, a páxina de orixe ten copyright e aínda que diga que se pode reproducir citando a orixe iso non ten ningún valor a efectos da licenza GFDL, que ten unha serie de requerimentos que deben cumplirse. Por outra banda movin o teu comentario á zona comentarios porque os votos doutras persoas non se comentan, os comentarios teñen que estar na zona correspondente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:44, 26 outubro 2006 (UTC)